pintor e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Mario Fernández Granell, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991, foi un pintor e poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 A Coruña, España |
Morte | 1991 (76/77 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Familia | |
Irmáns | Eugenio Granell |
A súa infancia transcorreu xunto co seu irmán Eugenio Granell entre A Coruña e Compostela, onde tiveron lugar os primeiros contactos coa pintura, no estudio de Camilo Díaz Baliño. Con catorce anos expuxo en Santiago e Pontevedra, con eloxio do escritor Francisco Fernández del Riego.[1] En 1930 chegou a Madrid e entrou en contacto con personaxes da Xeración do 27, chegando a expoñer con Rafael Alberti.
A súa biografía está marcada pola guerra civil española. Afiliado ao Partido Obrero de Unificación Marxista, foi detido na Coruña mentres intentaba fuxir de España nunha pequena embarcación, apresado, e condenado a morte. Esta condena mudou a cadea perpetua.[2]Saíu do penal da Coruña en 1942.[3][4] Traballou e viviu en Vigo unha bohemia relativamente dura, con Laxeiro e outros artistas, subsistindo grazas a traballos esporádicos, sobre todo de pintura mural, deseños publicitarios, xéneros que desde o primeiro momento coñecera a través do profesor Baliño. Destaca tamén a súa produción como deseñador escenógrafo no Teatro Cine Fraga de Vigo e algún traballo en cerámica e esmalte. Ademais de poeta[5], xénero ao que chega a través de Celso Emilio Ferreiro, que coñeceu en Caracas. A súa creatividade excelsa e dispersa conectouno con gran parte da intelectualidade galega do século XX.
En 1957 emigrou a Venezuela, e alí traballa intensamente, aínda que a súa obra viaxa a España con frecuencia, para ser exposta en Madrid e en toda Galicia, e tamén en Bogotá e Bos Aires. A mediados da década de 1980 regresou a España e fixa a súa residencia en Vigo, onde traballou, expuxo e viviu os últimos anos da súa vida. O Concello de Vigo tomou o acordo de rotular unha rúa co nome do artista herculino que foi vigués na última etapa da súa vida.
A pintura de Mario Granell está vinculada ao surrealismo, aínda que moi decantado. Sobre un debuxo preciso, siluetea figuras idealizadas, que habitan en mundos inventados, en vermellos, negros, azuis, verdes. O seu período de madurez artística corresponde coa súa estancia na emigración venezolana (1957/ 1981).[6] En total liberdade física e de espírito, xorde o gran Granell, apoiado por un importante prestixio social, pinta as súas mellores obras, "Monxas e claustros" ou "As fiadeiras" son algúns exemplos caracterizados por figuras estilizadas, anónimas, sen rostros e integradas nunha intensa composición, sen elementos superfluos. Publicou libros de estampas, entre eles Homenaxe ao pobo español. Estampas amargas-vivencias dunha guerra civil, en 1978.[7] A obra de Mario Granell figura en museos de Galicia e de Hispanoamérica, así como en coleccións particulares.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.