Un golpe de Estado[1] (do francéscoup d'État,[2]) ou putsch (do alemán) é a usurpación do poder vixente, violando e vulnerando a legalidade institucional nun Estado por parte dun grupo de persoas, xeralmente forzas armadas sublevadas ou sectores da sociedade non conformes co sistema de goberno ou co goberno mesmo.
O golpe de estado en moitas ocasións termina co establecemento dunha ditadura, aínda que isto non sempre é así. O golpe de estado por definición prodúcese contra calquera goberno, autoritario ou non, e pode buscar instaurar calquera outro diferente, normalmente tamén autoritario. Con todo, o sentido despectivo fai que se utilice na maior parte das ocasións a referirse a intentos de instauración de ditaduras.
Este ataque á legalidade e soberanía dun país implica a retención dos organismos depositarios daquelas. Estes órganos poderían ser o Goberno ou o Parlamento, no caso de países democráticos, ou o rei ou ditador noutros sistemas de goberno distintos. Tamén é habitual o control dos medios de comunicación, a prohibición de calquera tipo de oposición e a suspensión do Estado de dereito, polo menos temporalmente.
Algúns[quen?] diferencian o golpe de estado do pronunciamento militar baseándose en que este último procura cambiar o Goberno, pero sen levar a cabo unha usurpación nin derrocar o sistema vixente.
Os golpes de Estado foron moi frecuentes durante os séculos XIX e XX ao longo de todo o mundo.
Na sección seguinte relaciónanse algúns dos golpes máis importantes do século XX e XXI.
1913: Golpe de estado de Victoriano Huerta en México.