1974 (MCMLXXIV) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
Datos rápidos Calendario gregoriano, Ab urbe condita ...
Pechar
- 4 de xaneiro, o presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon, négase a entrega-las cintas magnetofónicas solicitadas polo senado.
- 25 de abril, prodúcese a Revolución dos caraveis en Portugal, que derroca o réxime fascista instaurando a democracia.
- 19 de xuño, en Manila (Illas Filipinas) Amparo Muñoz Quesada (Miss España 1973) convértese en Miss Universo 1974.
- 1 de xullo, morre Juan Domingo Perón, presidente da Arxentina que é sucedido pola súa esposa, a vicepresidenta María Estela Martínez de Perón.
- 16 de xullo - Lanzamento do satélite artificial alemán Aeros 2.
- 25 de xullo, comeza a emisión de Panorama de Galicia, o primeiro programa de televisión en lingua galega.
- Carlos Pintado, poeta e escritor cubano.
- 12 de xaneiro - Claudia Conserva, actriz, modelo e presentadora de televisión chilena.
- 13 de febreiro - Robbie Williams, músico británico.
- 27 de febreiro - Modesto Fraga, escritor galego.
- 3 de marzo - Ada Colau, activista catalá.
- 7 de maio - Óscar Horta, filósofo galego.
- 10 de maio - A-Plus, rapeiro estadounidense.
- 17 de maio - Andrea Corr, cantante irlandesa.
- 18 de xuño - Itziar Ituño, actriz vasca
- 2 de xullo - Tim Christensen, compositor e cantante dinamarqués.
- 2 de xaneiro - Tex Ritter, actor e músico estadounidense.
- 2 de febreiro - Imre Lakatos, filósofo da ciencia húngaro.
- 7 de febreiro - Albino Núñez Domínguez, escritor, pedagogo e poeta ourensán.
- 2 de marzo - Salvador Puig Antich, anarquista catalán.
- 11 de marzo - Aníbal Otero, lexicógrafo galego.
- 2 de abril - Georges Pompidou, político francés.
- 19 de abril - Isidro Buceta, avogado, xornalista e escritor galego (n. 1883).
- 25 de abril - Arturo Rivas Castro, sacerdote, físico e químico galego (n. 1898).
- 14 de maio - Fernando Osorio do Campo, escritor e político galego (n. 1894).
- 9 de xuño - Miguel Ángel Asturias, escritor guatemalteco, Premio Nobel de Literatura en 1967.
- 1 de xullo - Juan Domingo Perón, presidente da Arxentina.
- 11 de xullo - Eliseo Pulpeiro, xornalista galego (n. 1901).
- 24 de xullo - James Chadwick, físico británico, premio Nobel de Física en 1935.
- 8 de agosto - Alfredo Canalejo Martínez, escritor galego (n. 1898).
- 4 de setembro - Marcel Achard, actor e dramaturgo francés (n. 1899)
- 16 de setembro - Silvio Santiago, escritor galego.
- 4 de outubro - Anne Sexton, poeta norteamericana.
- 13 de novembro - Vittorio De Sica, actor e director de cine italiano.
- Fernando Gerassi - pintor e activista español de orixe turca (n.1899).