From Wikipedia, the free encyclopedia
Antony Hewish, nado o 11 de maio de 1924 en Fowey (Cornualla, Inglaterra) e finado o 13 de setembro de 2021, foi un astrónomo inglés galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1974 xunto con Martin Ryle, sendo os primeiros astrónomos en conseguilo, polos seus traballos sobre radioastronomia e os púlsares.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1924 Fowey, Reino Unido (pt) |
Morte | 13 de setembro de 2021 (97 anos) |
Educación | Gonville and Caius College (pt) Universidade de Cambridge King's College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física e astronomía |
Ocupación | astrónomo, físico, astrofísico, profesor universitario |
Empregador | Laboratorio Cavendish Universidade Yale Mullard Radio Astronomy Observatory (en) |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Jocelyn Bell Burnell e Peter Duffett-Smith (en) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хьюиш Энтони) Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 6 (en) , (p.440) Astronomers: A Biographical Reference (en) |
Estudou na Universidade de Gonville e no Caius College da Universidade de Cambridge, pero o seu doutoramento viuse aprazado pola súa participación na segunda guerra mundial. Durante a súa estancia no exército británico coñeceu Martin Ryle, co cal colaborou na Universidade de Cambridge a partir de 1946 no Laboratorio Cavendish. Finalmente doutorouse en 1952 na mesma universidade.
Membro da Royal Society desde 1958, entre 1971 e 1989 foi nomeado profesor de astronomía no Laboratorio Cavendish, sendo cabeza do Mullard Radio Astronomy Observatory entre 1982 e 1988.
Xunto a Ryle Hewish realizou avances prácticos e teóricos na observación e a explotación dos escintileos evidentes das fontes de radio debido á súa radiación que afectaba sobre o plasma.
Estas investigacións conducírono á construción do Interplanetary Scintillation Array, un telescopio que mesturaba as ondas de radio e o escintileo interestelar construído nas instalacións do Observatorio de Astronomía de Mullard en Cambridge. Durante a realización deste proxecto, unha das súas colaboradoras, Jocelyn Bell, conseguiu detectar unha fonte de radio primaria que posteriormente se denominou púlsar.
En 1974 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Martin Ryle, pola súa investigación, pioneira, en radioastronomia, e no seu papel decisivo na descuberta dos púlsares, sendo os primeiros astrónomos en conseguir esta distinción. O premio, porén, non estivo exento de polémica posto que se obviou o nome de Jocelyn Bell no recoñecemento do Nobel e foi duramente condenado polo astrofísico Fred Hoyle. En cambio outros autores viron no Premio Nobel concedido o recoñecemento aos traballos en radioastronomia por parte de ambos científicos, facendo unha mención especial na teoría da síntese de apertura por parte de Ryle e nos púlsar por parte de Hewish.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.