Premio Nobel de Física

From Wikipedia, the free encyclopedia

Premio Nobel de Físicamap
Remove ads

O Premio Nobel de Física (en sueco: Nobelpriset i fysik), é un dos cinco Premios Nobel que outorga a Real Academia das Ciencias de Suecia, en Estocolmo, xunto cos Premio Nobel de Química, o Premio Nobel de Literatura, o Premio Nobel da Paz e mailo Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[1] Tradicionalmente, o de física é o primeiro en entregarse e o primeiro ano que se entregou foi no 1901. Como os demais premios, é administrado pola Fundación Nobel.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Remove ads
Thumb
A 1ª Conferencia de Solvay, en 1911, na que participaron 9 laureados co Nobel de Física. Sentados, de esquerda a dereita: W. Nernst, M. Brillouin, E. Solvay, H. Lorentz (presidente da conferencia), E. Warburg, J. Perrin, W. Wien, M. Curie e H. Poincaré. De pé, de esquerda a dereita: R. Goldschmidt, M. Planck, H. Rubens, A. Sommerfeld, F. Lindemann, M. de Broglie, M. Knudsen, F. Hasenöhrl, G. Hostelet, E. Herzen, J.H. Jeans, E. Rutherford, H. Kamerlingh Onnes, A. Einstein e P. Langevin.
Remove ads

Antecedentes

Alfred Nobel, na súa última vontade e testamento, afirmou que a súa riqueza debería ser utilizada para crear unha serie de premios para aqueles que lle confiran o "maior beneficio á humanidade" nos campos da física, a química, a paz, a fisioloxía ou a medicina e a literatura.[2] Aínda que Nobel escribiu varios testamentos durante a súa vida, o derradeiro foi escrito un ano antes de morrer e asinouse no Club Sueco-Noruegués de París o 27 de novembro de 1895.[3] Nobel legou o 94% dos seus activos totais, 31 millóns de coroas suecas (2,9 millóns de dólares, ou 2,7 millóns de euros en 2023), para establecer e dotar os cinco premios Nobel.[4] Debido ao nivel de escepticismo ao redor do testamento, non foi ata o 26 de abril de 1897 cando foi aprobado polo Storting (Parlamento noruegués).

Os executores do seu testamento foron Ragnar Sohlman e Rudolf Lilljequist, quen formaron a Fundación Nobel para coidar a fortuna de Nobel e organizar os premios. Conforme ás indicacións no testamento, o premio é administrado pola Fundación Nobel e outorgado por un comitê que consiste de cinco membros electos pola Academia Real.

Os membros do Comité Nobel noruegués que debían outorgar o Premio da Paz foron nomeados pouco despois de aprobarse o testamento. As outras organizacións que concederon premios seguiron: Karolinska Institutet o 7 de xuño, a Academia Sueca o 9 de xuño e a Real Academia Sueca de Ciencias o 11 de xuño. A Fundación Nobel estableceu entón pautas para a concesión dos premios. En 1900, os estatutos recentemente creados da Fundación Nobel foron promulgados polo rei Óscar II. Segundo o testamento de Nobel, a Real Academia Sueca de Ciencias concede o Premio de Física.

Remove ads

Características

De gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento, é un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia «(...) á persoa que realizase o descubrimento ou invención máis importante dentro do campo da física».[5] Porén, a cerimonia onde se entregan oficialmente, polo rei de Suecia, a medalla e o diploma da fundación e un certificado para o premio monetario celébrase o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio.[6] Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).[7]

Remove ads

Estatísticas (até 2024)

Desde 1901, outorgáronse en 118 ocasións, quedando sen outorgar, por diferentes razóns, en 1916, 1931, 1934, 1940, 1941 e 1942[8] polo que os cartos se engadiron aos fondos da Fundación. Os estatutos indican que non se pode entregar a máis de 3 persoas, polo que, entre 1901 e 2024, hai 47 premios de física outorgados a unha soa persoa; en 33 ocasións se compartiron entre 2 galardoados e en 38 ocasións se compartiron entre 3; cun total de 226 persoas galardoadas en total.[8]

Das 226 persoas galardoadas, só 5 foron mulleres: Marie Curie en 1903, Maria Goeppert Mayer en 1963, Donna Strickland en 2018, Andrea Ghez en 2020 e Anne L’Huillier en 2023;[9] e, soamente, unha persoa o recibiu en 2 ocasións, John Bardeen, en 1956 e 1972.

O máis novo en recibilo foi William Lawrence Bragg, que o recibiu en 1905, cando tiña 25 anos, e o máis vello foi Arturo Ashkin, que o recibiu en 2018, cando tiña 96 anos.[8]

Familiares galardoados

O único matrimonio galardoado foi o de Marie Curie e Pierre Curie en 1903. En troques, hai 4 casos de pais e fillos: Sir William Henry Bragg xunto co seu fillo William Lawrence Bragg, o recibiron xuntos en 1915; Niels Henrik David Bohr en 1922 e seu fillo Aage Niels Bohr no 1975; Karl Manne Georg Siegbahn en 1924 e seu fillo Kai M. Siegbahn en 1981 e Joseph John Thomson en 1906 mailo seu fillo George Paget Thomson en 1937.[8]

Premiados

Máis información Data, Laureados ...
Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads