Charles Edouard Guillaume

físico suizo From Wikipedia, the free encyclopedia

Charles Edouard Guillaume

Charles-Edouard Guillaume, nado en Fleurier, (Suíza) o 15 de febreiro de 1861 e finado o 13 de maio do 1938, foi un físico suízo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Comezou os seus estudos en Neuchatel e posteriormente na Politécnica de Zürich, onde obtivo o título de doutor en física. Traballou no Bureau internacional de pesos e medidas dende o ano 1883. No 1906 converteuse en sub-director e dende o 1915 até a súa retirada no ano 1936 foi director.

Guillaume traballou con Kristian Birkeland. Serviu no Observatorio de París, Sección de Meudon. Levou a cabo diversos experimentos relativos a medicións termostáticas. Foi o primeiro en determinar a temperatura correcta do espazo.

Foi galardoado en 1920 co premio Nobel de Física pola súa descuberta dunha aliaxe de aceiro ao níquel coñecida como invar, elinvar, nivarox etc. Esta aliaxe ten un coeficiente de dilatación térmica moi pequeno, o que permite o seu emprego na construción de reloxos e de patróns para medidas xeodésicas.

Traballos publicados

  • La Température de L'Espace, La Nature, volume 24, 1896.
  • Études thermométriques. 1886.
  • Traité de thermométrie. 1889.
  • Unités et Étalons. 1894.
  • Les rayons X. 1896.
  • Recherches sur le nickel et ses alliages. 1898.
  • La vie de la matière. 1899.
  • La Convention du Mètre et le Bureau international des Poids et Mesures. 1902.
  • Les applications des aciers au nickel. 1904.
  • Des états de la matière. 1907.
  • Les récents progrès du système métrique. 1907, 1913.
  • Initiation à la Mécanique.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Johannes Stark
Premio Nobel de Física

1920
Sucesor:
Albert Einstein
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.