Russell Alan Hulse

astrónomo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Russell Alan Hulse

Russell Alan Hulse, nado o 28 de novembro de 1950 en Nova York, é un astrofísico estadounidense e gañador do Premio Nobel de Física en 1993, xunto co seu mestre de tese Joseph Hooton Taylor Jr., "polo descubrimento dun novo tipo de púlsar que abre novas posibilidades para o estudo da gravitación". É un especialista en estudos de pulsares e ondas gravitacionais.

Traxectoria

Educouse no instituto do Bronx e foi estudar a The Cooper Union, un instituto do baixo Manhattan, e logo á Universidade de Massachusetts Amherst, onde recibiu o seu doutoramento en 1975.

Foi mentres traballaba como estudante de investigación en Amherst no seu proxecto de tese doutoral cando Hulse levou a cabo as observacións que conduciron ao descubrimento do púlsar binario, utilizando o radiotelescopio de Arecibo.

Posteriormente traballou no observatorio Nacional de Radioastronomía dos Estados Unidos de 1975 a 1977. Desde 1977 traballou no laboratorio de física de plasma da Universidade de Princeton nun proxecto de investigación sobre produción de fusión nuclear en reaccións sostidas que poderían utilizarse na produción de enerxía a partir dos mesmos procesos que manteñen quentes o Sol e as estrelas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.