Un sistema, en física, é un conxunto de elementos interrelacionados formando un todo único. Etimolicamente, o termo procede do grego. "Sistema" significa "combinar", "axustar", "formar un conxunto". Un sub-sistema é un sistema que fai parte dun outro sistema. Un sistema consiste, polo xeral, en compoñentes (ou elementos) que están ligados os uns ós outros para facilitar o fluxo de informacións, materia ou enerxía. O termo é tamén usado para describir calquera conxunto de entidades que interactúan, e sobre o cal un modelo matemático pode ser construído.

Termodinámica

Dende un punto de vista termodinámico, un sistema pode ser aberto, pechado e illado. Dise que un sistema é aberto cando intercambia materia e enerxía co seu contorno, pechado cando só intercambia enerxía e illado se non intercambia nin materia nin enerxía.

Un sistema aberto sería unha ola de cociña sen tapa durante a cocción. Parte do líquido da ola evaporaríase (fluxo de materia) pola acción do lume (fluxo de enerxía). Un sistema pechado sería a esterilización dunha lata de conserva, que transmite calor polas súas paredes pero, ao estar hermeticamente pechada, impide o intercambio de materia. Finalmente, un termo (de café, por exemplo) pechado hermeticamente aproxímase a un sistema illado xa que reduce drasticamente os fluxos de materia e enerxía.

En realidade, un sistema macroscópico non pode estar totalmente illado xa que intercambia enerxía cos arredores en forma de radiación electromagnética.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.