Henri Becquerel

físico francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Henri Becquerel

Antoine Henri Becquerel, nado o 15 de decembro de 1852 e finado o 25 de agosto de 1908, foi un físico francés. En 1896, un ano despois do descubrimento dos raios X por Röntgen, Becquerel descubriu accidentalmente a radioactividade mentres investigaba a fosforescencia cun cristal dun composto de uranio.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Henri Becquerel

Nome orixinal(fr) Antoine Henri Becquerel
Biografía
Nacemento(fr) Antoine Henri Becquerel .
15 de decembro de 1852
París, Francia
Morte25 de agosto de 1908 (55 anos)
manoir de Pen Castel, Francia (en)
Lugar de sepulturamanoir de Pen Castel (en)
210º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1908 – 29 de xuño de 1908
 Auguste ChauveauCharles Bouchard (pt)  
Perpetual Secretary (en) Academia francesa das ciencias
1908 – 1908
 Albert-Auguste Cochon de LapparentPhilippe Édouard Léon Van Tieghem 
Presidente Société Française de Physique (en)
1897 
Datos persoais
EducaciónÉcole Nationale des Ponts et Chaussées (pt) (1874–)
Escola Politécnica (1872–)
Liceo Louis-le-Grand
Actividade
Campo de traballoFísica e química
Ocupaciónfísico, científico nuclear, profesor universitario, enxeñeiro, químico
EmpregadorEscola Politécnica (1895–)
École Nationale des Ponts et Chaussées (pt) (1894–)
Museo Nacional de Historia Natural de Francia (1892–)
Membro de
AlumnosMarie Curie
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaQ3064938
CónxuxeLouise Lorieux (1890–)
Lucie Jamin (1877–1878)
FillosJean Becquerel
 () Lucie Jamin
PaiAlexandre Edmond Becquerel
ParentesPaul Becquerel, sobriño
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Беккерель Антуан Анри)
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
WikiTree: Becquerel-1
Pechar

Biografía

O seu pai, Alexandre Edmond Becquerel, e o seu avó, Antoine Becquerel, eran eles mesmos físicos, profesores no Museo nacional de historia natural de París. Antoine naceu nestes edificios onde a familia vive e traballa, e onde tamén o seu pai nacera.

Cursou os seus estudos no instituto Louis-le-Grand (Lycée Louis-le-Grand), onde tivo, entre outros profesores, o matemático Gaston Darboux. En 1872, entrou na Escola Politécnica de Francia, despois en 1874 profesou a enxeñaría civil de camiños, canles e portos.

En 1874, casou con Lucie Jamin, filla de Jules Jamin, un dos seus profesores de física na Escola Politécnica, coa cal tivo un fillo, Jean Becquerel, en 1878.

Obtivo o seu diploma de enxeñeiro en 1877.

Morreu prematuramente á idade de 55 anos sen parar de traballar sobre a radioactividade cos Curie. O seu fillo, Jean Becquerel, sucedeuno na cátedra do Museo.

Traxectoria

O experimento consistía en envolver unha placa fotográfica xunto cunha cruz feita de cobre cun papel negro, a mostra do sal de uranio púñase sobre a placa (Becquerel probou con varios sales, incluída a pechblenda, que producía un efecto máis potente) e todo iso expoñíase á luz solar. Ao revelar a placa parecía que os raios emitidos polo sal atravesaban o papel. Víase unha área exposta na que se distinguía o perfil branco da cruz. Días máis tarde do primeiro experimento, o tempo non era favorable. Como a luz solar era escasa, Becquerel gardou a placa nun caixón. Cando a revelou, observou unha imaxe intensa que non podía proceder da fosforescencia. Repetiu o experimento na escuridade total e obtivo os mesmos resultados, probando que o sal de uranio emitía raios que afectaban a emulsión fotográfica, sen necesidade de ser exposta á luz. Marie Curie tempo despois chamou a iso radioactividade. En 1903 Becquerel recibiu o Premio Nobel de Física xunto con Pierre Curie e Marie Curie por tal descuberta.

Véxase tamén

Predecesor:
Hendrik Lorentz
Pieter Zeeman
Premio Nobel de Física

1903
con
Marie Curie
e
Pierre Curie
Sucesor:
John William Strutt
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.