1972 (MCMLXXII) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano. Foi declarado Ano Internacional do Libro pola Organización das Nacións Unidas.
Datos rápidos Calendario gregoriano, Ab urbe condita ...
Pechar
No contexto do Tempo Universal Coordinado (UTC), foi o ano máis longo da historia, xa que se engadiron dous segundos bisestos durante este ano de 366 días, un evento que non se repetiu dende entón (se o seu inicio e fin se definen utilizando o tempo solar medio [a escala de tempo legal], a súa duración foi de 31622401,141 segundos de Tempo Terrestre (ou Tempo de efemérides), que é un pouco máis curto que 1908).
- 11 de xaneiro - Amanda Peet, actriz americana.
- 29 de febreiro - Pedro Sánchez Pérez-Castejón, presidente do Goberno de España (2018-presente).
- 31 de marzo - Alejandro Amenábar, director de cine chileno-español.
- 24 de maio - Nadja Uhl, actriz alemá.
- 23 de xuño - Zinedine Zidane, futbolista francés.
- 8 de setembro - Marcos Serrano, ciclista galego.
- 23 de setembro - Galit Gutmann, modelo, actriz e presentadora de televisión israelí.
- 17 de outubro - Eminem, músico estadounidense.
- 25 de outubro - Rosa Cedrón, cantante e violonchelista galega.
- 1 de novembro - Toni Collette, actriz australiana.
- 4 de novembro - Luís Figo, futbolista portugués.
- 20 de decembro - Marc Silk, actor inglés.
- 29 de decembro - Jaromír Blažek, futbolista checo.
- 1 de xaneiro - Maurice Chevalier, cantante e actor francés.
- 9 de xaneiro - Fuco Gómez, escritor e político galego (n. 1895).
- 22 de xaneiro - Miguel Gustavo, xornalista, locutor de radio e compositor brasileiro (n. 1922).
- 26 de xaneiro - Harry S. Truman, presidente estadounidense.
- 28 de xaneiro - Dino Buzzati, escritor e xornalista italiano.
- 31 de xaneiro - Xosé Velo, político galego (n. 1916).
- 3 de febreiro - Emilio Novoa González, radiotelegrafista e político galego (n. 1895).
- 7 de febreiro - Walter Lang, cineasta estadounidense.
- 20 de febreiro - Maria Goeppert-Mayer, física de orixe alemá, premio Nobel de Física en 1963.
- 27 de marzo - Maurits Cornelis Escher, artista holandés.
- 11 de abril - Manuel García Barros, escritor e xornalista estradense (n. 1876).
- 13 de abril - Avelino Cachafeiro, "O Gaiteiro de Soutelo" (n. 1899).
- 16 de abril - Yasunari Kawabata, escritor xaponés, premio Nobel de Literatura en 1968.
- 11 de maio - Corona González Santos, filántropa, fotógrafa e xornalista galega (n. 1875).
- 3 de xuño - Xesús Calviño de Castro, escritor e xornalista galego (n. 1893).
- 19 de xullo - José María Rivero de Aguilar, militar e político galego
- 22 de xullo - Max Aub, escritor español.
- 1 de setembro - Benito Casasnovas Rodríguez, político socialista galego (n. 1886).
- 25 de setembro - Alejandra Pizarnik, poeta arxentina.
- 1 de novembro - Ezra Pound, escritor estadounidense.
- 2 de decembro - Ramón Salgado Pérez, avogado, xornalista e político galego (n. 1894).