George Smoot

From Wikipedia, the free encyclopedia

George Smoot

George Fitzgerald Smoot III, nado en Yukon, Florida o 24 de febreiro de 1945, é un físico e astrónomo estadounidense. É doutor en Física polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e Profesor de Física na Universidade de Berkeley en California.

Traxectoria

Foi galardoado, xunto con John C. Mather, co Premio Nobel de Física en 2006.

A súa principal contribución foi o estudo da radiación de fondo de microondas mediante o satélite artificial COBE demostrando que pouco despois do big-bang existían no Universo irregularidades que foron as sementes da posterior formación das galaxias.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.