Remove ads
escritor e ilustrador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Héitor Picallo Fuentes, nado na vila do Baño (Cuntis) o 18 de outubro de 1974, é un escritor e ilustrador galego, coñecido tamén cos pseudónimos de "Carrapucho" e "K-Rapucho".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1974 (50 anos) Cuntis, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, debuxante |
Pseudónimo literario | Carrapucho K-Rapucho |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Estudou a EXB no Colexio Público Don Aurelio Rey, o bacharelato no Seminario Menor A Asunción (Santiago de Compostela) e rematou os estudos de Enxeñería Técnica Naval na Universidade da Coruña (Campus de Ferrol).
Foi un dos fundadores da Asociación O Fervedoiro e da sección Acude Alí (Acción CUltural na DEfensa d'A LIngua).
Ten desenvolvido numerosas actividades culturais en diversos recunchos de Galiza, así como campañas en defensa do patrimonio público (Burgas de Cuntis), do patrimonio histórico-artístico (mámoas, aras romanas, petróglifos, edificios senlleiros de determinadas vilas da contorna caldense), e na defensa de diversos intelectuais galegos como Isaac Díaz Pardo.
Realizou diversas conferencias sobre Historia e Lingua Galegas, sobre Pedro Cerviño,... Colabora en proxectos de Recuperación da Memoria Histórica e investiga sobre a orixe e evolución do Escudo de Galiza.
Foi cofundador da revista cultural A Taboada (das asociacións O Meigallo, de Cuntis, e A Cabana, de Moraña) e foi membro do seu consello de redacción.
Publica en revistas de investigación como El Museo de Pontevedra, Raigame, Murguía, Tapa, Anuario Descubrindo, Miscelania do Pobo Estradense, Boletín de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, Ficheiro Epigráfico Arquivado 04 de xuño de 2023 en Wayback Machine. - Suplemento da Revista Conimbriga (Universidade de Coimbra), Románico: Revista de Arte de Amigos del Románico e Compostellanum. Ten colaborado en xornais e publicacións periódicas como Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Vieiros, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, A Nosa Terra, Sermos Galiza, Galicia Confidencial, Terra e Tempo, Nós Diario, Luzes e La Voz de Galicia. Publica críticas literarias en xornais como Diario de Arousa e Diario de Pontevedra.
Participou na recompilación de información sobre a historia marítima galega para o Museo do Mar de Galicia (Vigo) e dende 2023 é patrón numerario do Museo do Pobo Galego.
Ten tirado do prelo a colección de libros infantís Tilirín: o meu primeiro dicionario (do que xa van publicados 8 volumes na Editorial Fervenza):
Ilustrou numerosos libros das Editoriais Fervenza, fundamentalmente, Xermolos-Irmandade Manuel María e Toxosoutos, pero tamén se ven as súas obras plásticas en xornais, revistas, publicacións divulgativas varias (como Aunius, ¡Que crisis!...), revistas de investigación (Tapa, Raigame, Murguía,...).
Algunha das súas caricaturas foron portada en xornais como Galicia Hoxe (Días das Letras Galegas dos anos 2005 e 2011, dedicados a Lorenzo Varela e Lois Pereiro, respectivamente), El Correo Gallego (Día das Letras Galegas 2012, na que se lle rende homenaxe a Valentín Paz Andrade); e Nós Diario (Día das Letras Galegas de 2023 dedicado a Francisco Fernández del Riego), así en suplementos culturais no Diario de Pontevedra (Letras Galegas 2004: na honra de Xaquín Lorenzo, "Xocas").
Realizou exposicións individuais e colectivas, tanto de acuarelas, óleos e caricaturas en:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.