Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Guarda é un municipio e unha cidade portuguesa de algo máis de 30.000 habitantes. E tamén a capital do distrito da Guarda.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito da Guarda | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 42.541 (2011) (59,26 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 717,88 km² | |||
Altitude | 1.056 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 6300–6301 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | mun-guarda.pt | |||
Situada a 1.056 metros de altitude é a cidade localizada a maior altura en Portugal. Forma parte da rexión montañosa da Beira Alta, da cal é a poboación máis importante. Ademais é a sede episcopal da diocese da Guarda.
O concello da Guarda ten 717,88 km² de área e 44.149 habitantes (2004). Está subdividido en 55 freguesías. O termo municipal limita polo nordeste co concello de Pinhel, polo leste con Almeida, polo sueste con Sabugal, polo sur con Belmonte e mais con Covilhã, polo oeste con Manteigas e con Gouveia e polo noroeste con Celorico da Beira.
Os restos arqueolóxicos achados na zona testemuñan a presenza humana nesta terra desde a prehistoria, así como nas épocas romana e visigoda. Caída en mans dos árabes, sería reconquistada no ano 1140, sendo fortificada polo rei Sancho I de Portugal, que fixo da cidade un baluarte inexpugnábel fronte calquera posíbel novo ataque andalusí. Desta súa función guerreira veulle o nome. No 1199 obtivo carta foral, pasando a constituír parte dunha liña defensiva de castelos e fortalezas nunha rexión a disputar co reino de León e logo coa Coroa de Castela.
A muralla que cinxía a cidade é hoxe practicamente irrecoñecíbel, agás nalgúns treitos e nas tres portas aínda subsistentes das cinco orixinarias. Gran parte dos muros da cerca foron subsumidos polas edificacións construídas sobre deles. O centro histórico está formado, principalmente, de antigas casas de granito escurecido con portais góticos con fiestras de estilo manuelino ou renacentista, escudos heráldicos e gárgulas esculpidas.
O punto máis alto da cidade está na Praça Luis de Camôes, coa estatua de Sancho I no centro, e arredor da cal se miran os monumentos máis importantes da cidade.
Desde a Guarda pódese saír de exploración pola próxima Serra da Estrela ou ben nunha seguir unha ruta dos castelos da Beira Alta.
A Serra da Estrela é o maior cordal montañoso portugués, que se pode considerar un apéndice occidental do Sistema Central español. Ten unha lonxitude duns 60 km e un ancho de 30. Abunda en vexetación boscosa e pasteiros. No inverno é tamén un lugar de prácticas deportivas de neve. Debem salientarse as posíbeis seguintes escalas:
A 4 km. da Belmonte sitúanse as ruínas de Centum Cellas cun torreón romano.
O concello está servido por unha boa rede viaria:
Pola Guarda pasan aínda as seguintes liñas ferroviarias:
No concello sitúase o encoro do Caldeirão, importante infraestrutura para o abastecemento de auga e produzón de enerxía. Ademais foi construída con intención de que fose un polo de atracción turística.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guarda, Portugal |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.