From Wikipedia, the free encyclopedia
A Nosa Terra é un periódico que primeiro se editou en papel, para posteriormente pasar a ser electrónico, que opera en Galicia dende 1977. Encadrado na órbita do nacionalismo, e escrito integramente en galego, estivo dirixido por Margarita Ledo, Xosefina López Corral, Xosé Currás, Afonso Eiré e Manuel Veiga Taboada. Tivo un parón en 2012, reanudando a edición electrónica en 2018.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente desde a última vez que se editou, que foi en outubro de 2018. |
A Nosa Terra | |
---|---|
Tipo | información xeral |
Fundación | 1977 |
Director | Afonso Eiré |
Tendencia | nacionalismo |
Lingua | Galego |
Ámbito | Galicia |
Periodicidade | variable segundo a época |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre os promotores do proxecto de 1977 estaban Margarita Ledo, que foi a súa primeira directora, os xornalistas Xosé Ramón Pousa, Antón Galocha, Xosé López, Marita Otero, Lois Celeiro; o deseñador gráfico Pepe Barro e o fotógrafo Fernando Bellas Jiménez. A primeira etapa do periódico, sempre semanal, durou ata 1980, foi dirixida por Ledo e tivo a súa sede en Santiago de Compostela. Ledo foi substituída en 1980 por Xosefina López Corral. En 1981 a publicación foi condenada por ataques á Constitución e estivo clausurada durante tres meses. Daquela a redacción trasládase a Vigo e reabre co director en funcións, Afonso Eiré, que sería director formal do semanario a partir de 1983[1].
Ao longo dos seus anos recolleu artigos dos mellores e máis destacados xornalistas e escritores galegos (Manuel Rivas, María Xosé Queizán, Carlos Casares, Xosé Antón Gaciño, Xesús González Gómez etcétera) e dos máis destacados humoristas gráficos, como Xaquín Marín ou O Carrabouxo.
O periódico funcionou principalmente como semanario, aínda que en diversos períodos viuse obrigado a saír quincenalmente, facendo en total 33 anos. En decembro de 2007 o periódico realizou unha importante reforma deseñística e de contidos:[2] Eiré, o daquela director, ascendía a conselleiro delegado, e as tarefas de dirección xornalística recaían en Manuel Veiga. Asemade, publicábase unha edición electrónica coordinada por César Lorenzo. Os problemas económicos, endémicos durante toda a vida desta cabeceira, comezaron a sucederse[3] ata que en agosto de 2010 a empresa editora, Promocións Culturais Galegas SA anunciou a suspensión de pagamentos e o peche do semanario en papel. A partir dese momento, continuou actualizándose a edición electrónica, que pechou temporalmente os seus contidos o 23 de setembro de 2011.[4] Retomou a edición electrónica en 2018.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.