Xoán Xesús González Gómez, nado na Rúa o 15 de setembro de 1950, é un escritor, tradutor e crítico literario galego.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Fillo de Albino González, combatente do bando republicano na Guerra Civil española que estivo cinco anos internado no campo de concentración de Mauthausen. Residente en Barcelona desde 1966, onde traballou como produtor radiofónico en RNE. Desenvolveu a crítica literaria en A Nosa Terra, Grial, Luzes de Galiza e Expresso, entre outros medios de comunicación e revistas.
Ensaio
- Álvaro Cunqueiro, traductor, 1990, Fundación Caixa Galicia.
- Teatro e Surrealismo, 1999, Laiovento.
- Unha montaxe de Os vellos non deben de namorarse en español, 2001, Cadernos de Teatro.
- A novela policial. Unha historia política, 2002, Laiovento.
- Incitacións, 2009, Laiovento.
- Dicionario de surrealismo e surrealistas, 2009, A Nosa Terra.
- A revolución en marcha. Decretos e proclamas da Comuna de París (setembro 1870-maio 1871) (2021). Santiago de Compostela: Laiovento. 158 páxs. ISBN 978-84-8487-515-4.
Tradución
- Antoloxía de poesía surrealista de expresión francesa, 1981, Ediciós do Castro.
- Antígona, de Salvador Espriu, 1989, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Manifestos das vangardas europeas, 1995, Laiovento. Traducido polo autor ao castelán baixo o título de Manifiestos de las vanguardias europeas.
- O tesouro dos xesuítas, de Louis Aragon e André Breton, 1996, Cadernos de Teatro.
- O teatro de Charles Baudelaire. Proxectos, 2000, Universidade da Coruña.
- Desbaratos, de Llorenç Villalonga, 2001, Universidade da Coruña.
- Nun pregue de veludo (fagamos comedia), de Alexandre Ballester, 2001, Universidade da Coruña.
- Desertos, de Josep Pere Peyró, 2001, Universidade da Coruña.
- O vendedor de amendoíns, de Joan Guasp, 2002, Universidade da Coruña.
- Ecos da batalla cotiá (Declaracións políticas surrealistas), 2004, Laiovento.
- Cantos de Maldoror e Poesías, do Conde de Lautréamont, 2005, Laiovento.
- A estrela da mañá. Surrealismo e marxismo, de Michael Löwy, 2005, Laiovento.
- O teatro mallorquino do século XX, de Antoni Nadal, 2005, Universidade da Coruña.
- Sobre Pirandello, de Antonio Gramsci, 2006, Laiovento.
- A vangarda da presenza e outros escritos colectivos situacionistas, 2006, Laiovento.
- As mameiras de Tiresias, de Guillaume Apollinaire, 2007, Laiovento.
- Escritos sobre teatro. I e II, de Antonio Gramsci, 2008, Universidade da Coruña.
- Diario (1887-1910). Antoloxía, de Jules Renard, 2009, Laiovento.
- Pelo de cenoria, de Jules Renard, 2009, Laiovento.
- Escritos de mocidade (1914-1918), de Antonio Gramsci, 2010, Laiovento.
- Os intelectuais e a organización da cultura, de Antonio Gramsci, 2011, Laiovento.
- Algúns temas sobre a cuestión meridional, de Antonio Gramsci, 2016, Somos Ninguén/Corsárias.
Edicións
- Flor de diversos. Escolma de poetas traducidos por Álvaro Cunqueiro, 1991, Galaxia.
- Antoloxía poética Leliadoura (1985-1997), 2005, Sotelo Blanco. Con Basilio Losada.
- Crónica persoal. Poesía completa 1973-2002, de Xoán Manuel Casado, 2006, Danú-PEN Clube de Galicia.
- Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX, 2006, Edicións A Nosa Terra.
- Cartas a la novia, de Albino González, e El argonauta, de Juan Gómez Ripoll, 2008, Documenta Balear.