Remove ads
escritora, catedrática de lingua e literatura galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Xosé Queizán Vilalonga de Soutomaior 5 de febreiro de 1939 (85 anos) San Xulián de Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, crítica literaria, activista polos dereitos das mulleres, novelista |
Xénero artístico | Poesía, narrativa, ensaio e teatro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Xosé Luís Méndez Ferrín (1962-1974) |
Fillos | Cristal e Roi |
Pai | José Queizán Hermida |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide |
Comezou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Vigo e continuou na Subsección de Galego-Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela; pertence á 1ª promoción de licenciados en Galego-Portugués (1978) moi ligados á figura de Ricardo Carballo Calero. Exerceu como profesora de Lingua Galega e Literatura en institutos de Vigo.[1]
Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués El Pueblo Gallego. Nos cincuenta participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego". O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).
O seu labor como escritora diversifícase en todos os xénero e estilos: novela, conto, ensaio, teatro e poesía; tamén é tradutora. Os seus ensaios feministas tratan temas tan controvertidos como a colonización sexual das mulleres, o cuestionamento da maternidade biolóxica e a reflexión sobre a escrita non androcéntrica.
Filla do avogado José Queizán Hermida e de Concepción Vilas García. En 1962 casou con Xosé Luís Méndez Ferrín, e tiveron unha filla e un fillo, Cristal (1964) e Roi (1968).[2] Separáronse en 1974, e o matrimonio quedou anulado en 1989.
En 1977 publicou o ensaio A muller en Galicia ao que lle seguiría en 1980 Recuperemos as mans e, en 1998, Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (Laiovento). Creou a revista Festa da Palabra Silenciada, feita só por mulleres, a cal coordina e dirixe dende 1983. En 1989 publicou unha obra de teatro, Antígona ou a forza do sangue, coa que quedou finalista do Premio Álvaro Cunqueiro. Outra obra de teatro, Non convén chorar máis, permanece inédita.[Cómpre referencia] O seu primeiro poemario Metáfora da metáfora apareceu en 1991, seguido por Despertar das amantes en 1993 e Fóra de min en 1994. Como tradutora,[3] figuran no seu haber pezas como: O caderno azul de Marguerite Yourcenar, e tamén contos de Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlotte Perkins Gilman.
No outono de 2018 publicou en Xerais o libro de memorias Vivir a galope[4]:
Por que escribo sobre min? Ha ser polo mesmo motivo que actúo, que falo, que me dedico ao oficio de escribir, por unha conciencia de ser un elo na calceta universal e estar obrigada, si obrigada, a actuar para non interromper o labor[5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.