Marifé Quesada

ilustradora e cartelista española From Wikipedia, the free encyclopedia

Marifé Quesada

María Fe Quesada Rodríguez, coñecida como Marifé Quesada, nada en Zamora o 7 de setembro de 1957, é unha ilustradora, cartelista e portadista galega.[1][2]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Marifé Quesada
Thumb
Nome orixinal(es) María Fe Quesada Rodríguez
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1957 (67 anos)
Zamora, España
Actividade
Ocupaciónilustradora, cartelista
Familia
FillosIris Darriba Quesada
PaiAntonio Quesada

Pechar

É unha das pioneiras na ilustración infantil galega.[3] É zamorana de nacemento pero considerouse galega de adopción e de corazón.[4]

Traxectoria

Nada en zamora, aos 9 anos trasladouse coa súa familia a Vigo.[5] Enfermeira de profesión, foi deseñadora e autora da "Campaña de Fomento da Lectura da Xunta de Galicia 2000". Foi ilustradora de preto dun cento de contos infantís e xuvenís, e de máis dunha decena de libros de texto. As súas obras foron publicadas polas editoriais SM, Galaxia, Santillana, Obradoiro, Voramar, Edebé, Xerais, Casals, Bruño, Everest, Edelvives, Ceac e Dirección Xeral de Promoción Cultural (Xunta de Galicia).[1]

Colaborou coas revistas Ciudadano e Clij, e o diario Faro de Vigo.

É filla do pintor Antonio Quesada e nai de Iris Darriba.

Obra como ilustradora

  • O día que choveu de noite, de Helena Villar Janeiro (1983). Galaxia/Elkar/La Galera.
  • O segredo da Pedra Figueira, de María Xosé Queizán (1986). Xerais.
  • O bosque animado, de W. Fernández Flórez (1987)
  • A chave dos soños, de A. García Teijeiro (1988). Galaxia.
  • A cidade de Aldara, de Helena Villar Janeiro (1989). Casals.
  • O avó de Pipa, de Helena Villar Janeiro (1991). Bruño. El abuelo de Pipa (2005). Bruño.
  • A vaca titiriteira, de Concha Blanco (1991). Bruño.
  • Cincenta, de Charles Perrault (1994). Galaxia.
  • Pinocho, de Carlo Collodi (1994). Galaxia.
  • Cantarolas, de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas (1995). Colección Merlín, Xerais.
  • A Serea do Deserto, de Xavier López Rodríguez (1997).Colección Alfagüara, Obradoiro-Santillana.
  • El Gato que quiso volar Alto, de José Cañas Torregoso (1998). Everest. Colección Montaña Encantada.
  • Dos Dragones Bailarines, de Manuel Alonso Erausquin (1998). Edelvives.
  • Tulinet-las Siete Vidas del Gato, de Ricardo Alcántara (1998) .Colección Ala Delta, Edelvives.
  • Xogos Infantís (1999). Everest-Galicia, Colección Montaña Encantada.
  • Os Enredos de Olalla, de Pepe Carballude (1999). Everest.
  • As Cinco Amigas, de Maruxa Olavide (2000). Everest.
  • Los cuentos de Maricastaña, de Concha Cardeñoso (2000). Grupo Editorial Ceac.
  • A Nena Branca de Vilamaxín, de Xosé Ramón Mariño Ferro (2001). Ed. Luís Vives.
  • Aventuras de Sol, de Alberto Avendaño (2004). Galaxia.
  • A fada do abano verde, de Teresa Núñez González (2004). Everest.
  • O gaiteiro e o rato Pérez, de Bernardino Graña (2005). Xerais.
  • Manual para una Pequeña Bruja, de Gloria Sánchez (2005). Colección Tucan, Edebé.
  • Quen me quere adoptar?, de Fina Casalderrey (2005). Xerais.
  • Un rato na casa, de Helena Villar Janeiro (2007). Galaxia.
  • Bigote Blanco-Bigote Negro, de Carmen Morales (2007). Colección Altamar, Bruño.
  • Ao outro lado da esquina, de Antonio García Teijeiro (2012). Bruño.
  • As señoras cousas, de Helena Villar Janeiro (2014). Galaxia.
  • El Collar del Rey, de Olinda Cordukes (2016). Ebook.

Libros colectivos

  • Choven palabras no futuro (2014). Galix.

Premios e mencións

  • 1961: Primeiro Premio Nacional de Pintura Infantil.
  • 1983, 84: Premio "Arte Xoven de Galicia".
  • 1986: Seleccionada para a exposición de Ilustradores do "Premio Internacional Catalonia".
  • 1986: Distinguida pola revista Clij, especializada en literatura, pola súa obra como ilustradora infantil.
  • 1992: Premio "Artistas Noveles Gallegos"
  • 1998: Seleccionada como representante no Portal Galego "Galicia para el Mundo" na Bienal Internacional de Ilustración de Boloña.
  • 1998: Integrante da "Lista de Honor del III Premio Nacional CCEI de Ilustración".
  • 1992, 1994, 1996: Seleccionada como un dos mellores ilustradores españois na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava.
  • 2016: Socia de Honra de GÁLIX 2016.[6]
  • 2023: Homenaxe no XXIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.[7]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.