premio de ámbito galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico con dotación económica (á altura de 2018, 16000 euros[1]) que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia. Leva o nome de Ramón Otero Pedrayo e recoñece a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.
O premio escólleo un xurado onde na actualidade están o presidente da Xunta de Galicia, os presidentes das catro deputacións, o presidente da Comisión de Cultura da Deputación que o convoca (de forma rotatoria, é unha das catro deputacións o que o convoca), o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, un representante de cada unha das tres universidades galegas, un representante da RAG, outro do Instituto Padre Sarmiento, ademais de cinco persoas independentes designadas pola Xunta, de solvencia científica e literaria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.