filóloga galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952,[1] é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).[2] É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega,[3] converténdose na primeira muller en presidilo.[4]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1952 Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filóloga, profesora universitaria, romanista |
Empregador | Consello da Cultura Galega, presidente (2018–) Universidade de Santiago de Compostela (1998–) Universidade de Santiago de Compostela (1984–1998) Universidade de Santiago de Compostela (1982–1984) Universidade de Santiago de Compostela (1978–1982) Universidade de Santiago de Compostela (1976–1978) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Xosé Xove Ferreiro |
Fillos | Brais, Irimia e Daniel |
Irmáns | Salomé Álvarez Blanco |
Premios | |
Licenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974).[5] Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego,[6] desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Entre os cargos académicos que ocupou están a vicerreitoría de Profesorado (1990-1994), a dirección do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999), e a dirección do Instituto da Lingua Galega (2005-2015).[7]
O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar,[8] contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974 e dirixiuno entre os anos 2005-2013.[9]
Estivo á fronte do Seminario de Gramática da RAG en 2003 e foi tamén tesoureira desta institución a partir de 2013.[10] [7]
É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e codirectora de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna e dirixe a revista Estudos de Lingüística Galega.
Foi vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018) e é presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018.[4][11].
En xaneiro de 2020 recibiu o Premio Cidade de Pontevedra no apartado de persoa física.[12]
En novembro de 2021 recibiu o Premio Otero Pedrayo con Menchu Lamas.[13]
A investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:[14]
En 1986 publicou Gramática galega (ed. Galaxia)[15] xunto con Henrique Monteagudo e Xosé Luís Regueira, obra pola que acadaron o Premio Antón Losada Diéguez. En 2002 publicou Gramática da lingua galega (ed. Galaxia) canda a Xosé Xove.
Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios.[16]
En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada.[17]
Ten publicados diversos libros de texto de lingua e literatura galegas para secundaria.[18]
O seu labor investigador é moi prolífico e ten publicado comunicacións en numerosos congresos e revistas, como Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Madrygal, Cadernos de Lingua, Boletín da Real Academia Galega e Estudos de Lingüística Galega, entre outros.[19][20][21][22][23][24][25][26]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.