Remove ads
editorial galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.[2]
Ir Indo Edicións | |
---|---|
A EGU é un dos principais produtos de Ir Indo. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 14 de novembro de 1985 (39 anos) |
Localización | Avda. da Florida 30, Vigo |
Persoas clave | Bieito Ledo Cabido |
Industria | Editorial |
Produtos | EGU, dicionarios, infantil e xuvenil. |
Notas | |
Prefixo ISBN: 978-84-7680 [1] | |
Na rede | |
http://www.irindo.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O nome débese á idea que lle deu a Ledo o carpinteiro da súa aldea de Padroso, cando lle dixo: O caso é ir indo.[3]
Ten máis de cincocentos títulos,[1] dentro das coleccións Dicionarios, Galegos na Historia, Narrativa, O Parrulo, Elefante Contacontos, Recursos, Festas na escola, A fraga, Raigame, Letras Hispanas, Clásicos, Cidades-vilas, Guías, Arquivo da Imaxe, Manuais, Nabarquela e Memorias.
Entre os autores editados por Ir Indo están Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, Alfredo Conde, Xosé Mª. Álvarez Blázquez, Darío Xohán Cabana, Xosé A. Perozo, Marilar Aleixandre, Tucho Calvo, Moncho Borrajo, Roald Dahl, Robert Musil, Joseph Conrad, Edgar Allan Poe, Lovecraft, Tolstoi, Castelao, Antón Fraguas, Rafael Dieste, Eugenio Granell, Camilo José Cela, Méndez Ferrín, Filgueira Valverde, Torrente Ballester, Rudyard Kipling, F. Scott Fitzgerald e Xulio Verne.
Editou entre 1999 e 2006 a Enciclopedia Galega Universal Ir Indo, de dezaseis volumes,[4] que tivo versión en liña en Internet.[5] No ano 2003, por encarga de La Voz de Galicia, editou o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) de sesenta tomos.
Outras obras de consulta destacadas da editorial son o Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011, tres tomos), o Dicionario de Galego Ir Indo[6] ou o Diccionario dos nomes galegos de Xesús Ferro Ruibal et alii.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.