pedagogo e editor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.[1]
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1959 (64 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | pedagogo, editor |
Xénero artístico | xornalismo |
Familia | |
Cónxuxe | Montserrat Paz Núñez |
Páxina web | http://bretemas.gal |
É licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago e mestre de educación infantil e primaria en excedencia desde 1990. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88). Traballou en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, e foi o seu director xeral entre 1994 e abril de 2018, cando presentou a súa baixa voluntaria para abrir unha nova etapa e seguir vencellado ao grupo só como asesor[2]. Reincorporouse ao ensino como orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela. Xa fora foi profesor de Edición e actividade editorial do Mestrado en Edición 2009/2010 das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.[3][4]
É presidente da Fundación Luzes, membro do consello editorial da revista Luzes, secretario da Asociación Premios da Crítica de Galicia, membro do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, membro do Instituto de Estudios Vigueses, do padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro, da Sociedade Jules Verne de Vigo, do STEG e de Amnistía Internacional. Foi presidente da Asociación Galega de Editores (2010-2014), de Culturgal (2014-2017), da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88), director da Revista Galega de Educación (1986-2000), membro da sección de «Lingua, literatura e comunicación» do Consello da Cultura Galega e redactor de «Lingua e edición» (Lingua e Cultura do Proxecto Galicia 2010).[3][4]
Participou no consello de redacción d’ A Pizarra (suplemento de educación de Faro de Vigo, 1982-1986), Na escola (suplemento de educación de La Región e Atlántico diario, 1987-1989). No Faro de Vigo publicou semanalmente dende 1999 a sección «Campo de Granada», sobre actualidade socio-cultural de carácter local (1086 artigos ata agosto de 2021), «Campo do Fragoso» de reflexión futbolística (232 artigos ata 2019) e a columna política «Brétemas» na revista Luzes.gal. Tamén colaborou en Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza e na Radio Galega dende 2000, durante unha década no faladoiro «A Crónica».[3] Tamén publicou en revistas especializados como Boletín da Real Academia Galega, Grial, Revista Galega de Educación, Festa da palabra silenciada.
Dende 2005 mantén aberto o blog Brétemas[5] onde publica a serie «Onte» cun seguimento de temas editoriais, literarios políticos e de actualidade.[4]
Foi unha das cabezas visíbeis da plataforma cívica a prol da lingua galega ProLingua.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.