Remove ads
empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Feliciano Barrera Fernández, nado en Guláns (Ponteareas) en 1918 e finado en Madrid o 9 de febreiro de 2012,[1] foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Guláns, España |
Morte | 9 de febreiro de 2012 (93/94 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia |
Premios | |
| |
Doutor en Económicas pola Universidade Complutense de Madrid, foi fundador de empresas como o Hotel Mindanao e o Banco Industrial do Tajo. Destacou como editor do grupo de comunicación El Correo Gallego, do cal se fixo cargo ao obter a maioría accionarial de Editorial Compostela en 1965. Dende aquel traballou no mundo empresarial ligado ao xornalismo. Segundo unha enquisa de El Mundo, atopábase entre as 25 persoas de maior influencia de Galicia.[2] Presentouse como candidato a procurador en Cortes en representación do terzo familiar pola provincia de Pontevedra en 1971,[3] pero non foi elixido.[4]
Nos últimos anos da súa vida residiu en Madrid.
Foi designado Fillo Predilecto de Ponteareas, onde ten dedicada unha rúa, conta coa Medalla Afonso X o Sabio, Medalla da Orde de Cisneros, Medalla da Orde de Santo Hermenexildo, Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla de Ouro ao Mérito Empresarial, outorgada polo concello de Santiago de Compostela de onde é fillo adoptivo e onde tamén ten dedicada unha rúa.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.