Remove ads
fundación cultural galega From Wikipedia, the free encyclopedia
A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de carácter privado que ten como obxectivo o mantemento e promoción da memoria colectiva sobre o escritor e intelectual ourensán Ramón Otero Pedrayo, chamado "Patriarca das Letras Galegas", a través das actividades lembradoiras propias dunha fundación destas características, e da custodia da súa Casa-Museo no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro. Desde 2021 o seu presidente é Xosé Eduardo López Pereira[1].
Fundación Otero Pedrayo | |
---|---|
Tipo | fundación e biblioteca especializada |
Data de fundación | 1979 |
Nomeado en referencia a | Ramón Otero Pedrayo |
Presidente/a | Eduardo López Pereira (2021-) |
Premios | Premio Otero Pedrayo e Premio Otero Pedrayo |
Localización | |
Sede | Casa grande de Cima de Vila |
Enderezo | Casa Grande de Cimadevila |
En | Trasalba |
País | Galicia |
42°21′47″N 7°58′35″O | |
Na rede | |
http://fundacionoteropedrayo.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ramón Otero Pedrayo, sen herdeiros directos, deixou unha manda no seu testamento pola que legaba a súa Casa Grande de Trasalba a Galicia, representada para o efecto pola Editorial Galaxia.[2] Para cumprir a súa vontade, uns meses despois da súa morte, o 10 de abril de 1976, creouse un Padroado que axiña constituíse unha fundación cultural independente. Foi recoñecida por Orde Ministerial do 19 de xullo de 1979[3] e como fundación de interese galego en 2003 por orde da Xunta de Galicia.[4]
A Fundación promove distintas actividades culturais ao longo do ano, tanto na Casa Grande de Cimadevila, como noutras localizacións. Desde lembranzas a vellos amigos, a homenaxes nos seus aniversarios. Unha das máis recoñecidas é a celebración dunha festa anual -o último domingo de xuño de cada ano- na que se entrega, ininterrompidamente dende 1983, o Premio Trasalba a senlleiros valedores da cultura galega.
A Fundación edita publicacións relativas á cultura galega, tanto propias de Otero Pedrayo coma dos personaxes galardoados cada ano co Premio Trasalba.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.