From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Francisco Velasco Alvarado, nado na Rexión de Piura o 16 de xuño de 1910, e morto en Lima o 24 de decembro de 1977, foi un militar e político peruano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1910 Castilla, Perú (pt) |
Morte | 24 de decembro de 1977 (67 anos) Lima, Perú |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | El Ángel Cemetery (en) |
Presidente do Perú | |
3 de outubro de 1968 – 29 de agosto de 1975 ← Fernando Belaúnde Terry – Francisco Morales Bermúdez → | |
Comandante Xeral do Exército do Perú | |
setembro de 1967 – 3 de outubro de 1968 – Ernesto Montagne Sánchez (mul) → | |
Datos persoais | |
Educación | Chorrillos Military School (en) (1929–1934) colexio San Miguel de Piura - educación secundaria (1923–1927) Center for Higher National Studies (en) Escola das Américas |
Actividade | |
Ocupación | político, oficial |
Partido político | Sistema Nacional de Apoyo a la Movilización Social (pt) |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Peruano (pt) |
Rango militar | general de exército (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Consuelo Gonzales Posada |
Parentes | Luis Javier Gonzales Posada Eyzaguirre, cuñado |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sendo xefe do Comando Conxunto das Forzas Armadas do Perú, dirixiu o golpe de estado do 3 de outubro de 1968 que depuxo o presidente Fernando Belaúnde Terry, electo democraticamente. Ocupou a presidencia de facto do Perú entre 1968 e 1975 no autodenominado Goberno Revolucionario das Forzas Armadas. O seu mandato coñécese tamén como a primeira fase do Goberno Militar (1968-1980), que durou até o seu derrocamento como presidente.
Naceu en Castela, un anexo da cidade de Piura, o 16 de xuño de 1910 no seo dunha familia traballadora. Fillo de Juan Francisco Velasco Galo e de Clara Luz Alvarado, cursou estudos escolares primarios no Centro Escolar N° 21 e secundarios no Colexio San Miguel, ambos na súa cidade natal.
En 1929, emigrou a Lima, onde se incorporou ao exército como recruta. Logo, asistiu á Escola Militar de Chorrillos, de onde saíu como subtenente de infantaría. Pasou a estudar á Escola Superior de Guerra (1944), onde máis tarde foi profesor de Infantaría, Táctica e Estado Maior (1946). Co grao de tenente coronel dirixiu a Escola Militar (1952), para despois ocupar un cargo similar á fronte da Escola de Infantaría, até chegar a xefe de Estado Maior da IV División do Centro de Instrución Militar do Perú (1955-1958).
Ascendido a Xeneral de Brigada do Exército do Perú no goberno de Manuel Prado Ugarteche en 1959, foi Agregado Militar na Embaixada do Perú en París, Francia (1962) e, para 1965, era xa Xeneral de División EP. En xaneiro de 1968, asumiu o Comando Xeral do Exército e a presidencia do Comando Conxunto das Forzas Armadas do Perú, cargo que foi creado polo goberno de Manuel Prado Ugarteche.
Presidente do Perú | ||
---|---|---|
Segue a: Fernando Belaúnde Terry |
Juan Velasco Alvarado | Precede a: Francisco Morales Bermúdez |
militar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.