Remove ads
político venezolano From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Andrés Pérez Rodríguez, nado en Rubio (Táchira) o 27 de outubro de 1922 e finado en Miami o 25 de decembro de 2010, foi un político venezolano pertencente ao partido Acción Democrática, que exerceu o cargo de Presidente da República en dous períodos (1974-1979 e 1989-1993).
Durante o seu primeiro mandato, o país foi coñecido co alcume de "Venezuela Saudita" debido ao fluxo de petrodólares dos ingresos pola exportación do petróleo de Venezuela. O seu segundo mandato, a diferenza do anterior, estivo marcado por escándalos de corrupción que culminarían coa súa separación do cargo, ante a declaración de procedencia de antejuicio de méritos por parte da Corte Suprema de Xustiza acusado malversación de fondos públicos e fraude á nación,[1] e a crise social manifesta no chamado Caracazo. Tanto os escándalos de corrupción como o Caracazo foron utilizados como argumento por Hugo Chávez e Hernán Grüber Odremán para dous intentos de golpe de estado o 4 de febreiro e o 27 de novembro de 1992, respectivamente. Ao ser separado das súas funcións polo Congreso Nacional o 21 de maio de 1993[2] polo delito de malversación de fondos públicos, converteuse no único presidente en exercicio na historia en ser destituído por unha acción xudicial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.