Benito Mussolini

From Wikipedia, the free encyclopedia

Benito Mussolini

Benito Mussolini, nado en Predappio o 29 de xullo de 1883 e fusilado en Dongo o 28 de abril de 1945, foi o primeiro ditador fascista de Europa. Acadou o poder en outubro de 1922, trala Marcha sobre Roma, e ocupou o cargo de primeiro ministro do Reino de Italia ata 1943, cando foi obrigado a entrega-lo poder. Fuxiu ó norte onde proclamou a República Social Italiana de Saló. Detido pola resistencia, morreu fusilado xunto coa súa amante, Clara Petacci.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Benito Mussolini
Duce
Biografía
Nacemento(it) Benito Amilcare Andrea Mussolini
29 de xullo de 1883
Predappio (Reino de Italia)
Morte28 de abril de 1945 (61 anos)
Giulino, Italia (pt)
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo
Lugar de sepulturaMussolini Family Crypt (en) (1956–)
major cemetery of Milan (en) (1945–1946)
Ministro de Relacións Exteriores
23 de setembro de 1943 – 28 de abril de 1945
Primeiro ministro
23 de setembro de 1943 – 28 de abril de 1945
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Italy (en)
6 de febreiro de 1943 – 25 de xullo de 1943
 Galeazzo CianoRaffaele Guariglia 
National councillor to the Chamber of Fasci and Corporations (en)
23 de marzo de 1939 – 2 de agosto de 1943
Primeiro-marechal do Império (pt)
30 de marzo de 1938 – 25 de xullo de 1943
 sen valor – Supresión do cargo
Minister of Public Works of the Kingdom of Italy (en)
7 de agosto de 1935 – 5 de setembro de 1935
 Luigi RazzaGiuseppe Cobolli Gigli 
Minister of Italian Africa of the Kingdom of Italy (en)
18 de xaneiro de 1935 – 25 de xullo de 1943
 Emilio De BonoMelchiade Gabba 
Deputado do Reino de Italia
28 de abril de 1934 – 2 de marzo de 1939
Minister of the Navy of the Kingdom of Italy (en)
6 de novembro de 1933 – 25 de xullo de 1943
 Giuseppe SirianniRaffaele de Courten 
Minister of Air Force of the Kingdom of Italy (en)
6 de novembro de 1933 – 25 de xullo de 1943
 Italo BalboRenato Sandalli 
Minister of War of the Kingdom of Italy (en)
22 de xullo de 1933 – 25 de xullo de 1943
 Pietro GazzeraAntonio Sorice 
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Italy (en)
19 de xullo de 1932 – 11 de xuño de 1936
 Dino GrandiGaleazzo Ciano 
Minister of Public Works of the Kingdom of Italy (en)
3 de febreiro de 1930 – 13 de decembro de 1930
 Michele BianchiAraldo di Crollalanza 
Minister of Corporations of the Kingdom of Italy (en)
12 de setembro de 1929 – 11 de xuño de 1936
 Giuseppe BottaiFerruccio Lantini 
Minister of Public Works of the Kingdom of Italy (en)
30 de abril de 1929 – 12 de setembro de 1929
 Giovanni GiuriatiMichele Bianchi 
Deputado do Reino de Italia
20 de abril de 1929 – 19 de xaneiro de 1934
Minister of Italian Africa of the Kingdom of Italy (en)
18 de decembro de 1928 – 12 de setembro de 1929
 Luigi FederzoniEmilio De Bono 
Minister of Interior of the Kingdom of Italy (en)
5 de novembro de 1926 – 25 de xullo de 1943
 Luigi FederzoniUmberto Ricci 
Minister of Corporations of the Kingdom of Italy (en)
2 de xullo de 1926 – 20 de xullo de 1929
 sen valor – Giuseppe Bottai 
Minister of Air Force of the Kingdom of Italy (en)
4 de xaneiro de 1926 – 12 de setembro de 1929
 Benito MussoliniItalo Balbo 
Minister of the Navy of the Kingdom of Italy (en)
3 de xaneiro de 1926 – 12 de setembro de 1929
 Benito MussoliniGiuseppe Sirianni 
Minister of War of the Kingdom of Italy (en)
3 de xaneiro de 1926 – 12 de setembro de 1929
 Benito MussoliniPietro Gazzera 
Minister of Air Force of the Kingdom of Italy (en)
30 de agosto de 1925 – 4 de xaneiro de 1926
 Benito MussoliniBenito Mussolini 
Minister of the Navy of the Kingdom of Italy (en)
8 de maio de 1925 – 3 de xaneiro de 1926
 Paolo Ignazio Maria Thaon di RevelBenito Mussolini 
Minister of War of the Kingdom of Italy (en)
4 de abril de 1925 – 3 de xaneiro de 1926
 Antonino Di GiorgioBenito Mussolini 
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Italy (en)
17 de xuño de 1924 – 12 de setembro de 1929
 Benito MussoliniDino Grandi 
Minister of Italian Africa of the Kingdom of Italy (en)
17 de xuño de 1924 – 1 de xullo de 1924
 Luigi FederzoniPietro Lanza di Trabia 
Deputado do Reino de Italia
24 de maio de 1924 – 21 de xaneiro de 1929
Minister of Air Force of the Kingdom of Italy (en)
24 de xaneiro de 1923 – 30 de agosto de 1925
 sen valor – Benito Mussolini 
Minister of Interior of the Kingdom of Italy (en)
31 de outubro de 1922 – 17 de xuño de 1924
 Paolino TaddeiLuigi Federzoni 
Prime Minister of the Kingdom of Italy (en)
31 de outubro de 1922 – 25 de xullo de 1943
 Luigi FactaPietro Badoglio 
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Italy (en)
31 de outubro de 1922 – 17 de xuño de 1924
 Carlo SchanzerBenito Mussolini 
Deputado do Reino de Italia
11 de xuño de 1921 – 25 de xaneiro de 1924
Datos persoais
ResidenciaPalácio Venezia (pt) (1929–)
Villa Torlonia (pt) (1925–1943)
RelixiónAteo
EducaciónUniversidade de Lausana - ciencia social (1904–1904)
Cor dos ollosCastaño escuro
Cor do peloCastaño escuro
Actividade
Lugar de traballo Milán
Roma
Ocupaciónxornalista, político, mestre, fascista (pt)
Período de actividade1902 - 1945
EmpregadorAvanti! (pt)
Partido políticoPartido Republicano Fascista (pt) (1943–1945)
Partido Nacional Fascista (pt) (1921–1943)
Fasces de Combate Italianas (pt) (1919–1921)
Partido Revolucionário Fascista (pt) (1915–1921)
Partido Socialista Italiano (1901–1914)
Membro de
MovementoNacionalismo italiano e fascismo
Carreira militar
Rama militarForza Aérea de Italia, Regia Aeronautica e Camisas negras
Rango militarprimeiro-marechal do Império (pt)
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundial
Guerra Greco-Italiana (pt)
Invasão italiana da Albânia (pt)
Segunda guerra ítalo-etíope
Fronte Italiana
Familia
CónxuxeRachele Mussolini (1915–1945)
Ida Dalser
ParellaClara Petacci (1932–1945)
Ida Dalser (1914–1915)
Margherita Sarfatti
Bianca Ceccato
FillosEdda Mussolini
 () Rachele Mussolini
Benito Albino Dalser
 () Ida Dalser
Vittorio Mussolini
 () Rachele Mussolini
Bruno Mussolini
 () Rachele Mussolini
Romano Mussolini
 () Rachele Mussolini
Anna Maria Mussolini
 () Rachele Mussolini
PaisAlessandro Mussolini   e Rosa Maltoni
IrmánsEdvige Mussolini
Arnaldo Mussolini
ParentesGaleazzo Ciano, xenro
Alessandra Mussolini, neta
Romano Floriani Mussolini, bisneto
Cronoloxía
25 de xullo de 1943Queda do fascismo (pt)
27 de outubro de 1922-30 de outubro de 1922Marcha sobre Roma
Premios
  • (1937)  Hitler (en) ../... 35+
Sinatura

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Obálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatch
Allocine: 26574
Last fm: Benito+Mussolini WikiTree: Mussolini-1
Pechar

Traxectoria

Primeiros anos

Mussolini naceu en Dovia di Predappio, na provincia de Forlí, rexión de Emilia-Romaña (Italia). O seu pai, Alessandro, era ferreiro; a súa nai, Rosa Maltoni, era unha mestra que cría firmemente na importancia da educación. O nome Benito foille dado en honor ó presidente reformista mexicano Benito Juárez. Como o seu pai, Benito adheriuse ó socialismo.

Aos oito anos foi expulsado da igrexa da súa nai, e algúns anos máis tarde tamén foi expulsado da escola, logo de apuñalar a un compañeiro na man e lanzar un frasco de tinta a un mestre. Porén, recibiu boas cualificacións e graduouse como mestre de escola en 1901.

En 1902 emigrou a Suíza para escapar do servizo militar. Durante a súa estancia, ó non poder atopar un traballo permanente, foi arrestado por vagancia e pasou unha noite en prisión. Máis adiante, logo de involucrarse no movemento socialista, foi deportado a Italia, onde foi obrigado a facer o servizo militar. Volveu a Suíza inmediatamente e alí foi repetidamente expulsado dun cantón a outro polo seu activismo socialista. En Suíza trabara contacto con destacados revolucionarios e foi formando a súa cultura política baixo a influencia -ás veces contraditoria, de Karl Marx, Pierre Joseph Proudhon, Friedrich Nietzsche e Vilfredo Pareto.

Regresou a Italia en 1904, aproveitando unha amnistía que beneficiaba a quen desertara do servizo militar, e cumpriu co mesmo nun rexemento de Verona.

Despois de ensinar durante un tempo en Tolezzo e en Oneglia (en 1908), onde colaborou activamente co xornal socialista A Lima, regresou á súa vila natal, Dovia di Preddamento, hoxe Predappio bassa (baixa Predappio).

De esquerda a dereita, pódense ver os corpos sen vida do ex político comunista Nicola Bombacci, do Duce Benito Mussolini, da súa fiel amante Clara Petacci, do ministro Alessandro Pavolini e do recoñecido político fascista Achille Starace, sendo expostos na Praza Loreto da cidade de Milán en 1945.

Política

En 1910 foi nomeado secretario da federación provincial de Forli e pouco despois converteuse en editor do semanario La Lotta di Classe (A Loita de Clases). A vitoria do ala radical no Congreso de Reggio Emilia, celebrado en 1912, lle proporcionou maior protagonismo no seo da formación política, que aproveitou para facerse cargo do periódico milanés Avanti, órgano oficial do partido. Aínda así, as súas opinións acerca dos enfrontamentos armados da semana vermella de 1914 motivaron certa inquietude entre os seus compañeiros de filas, atemorizados polo seu radicalismo. A división entre Mussolini e o partido acrecentouse coa proclama de neutralidade do primeiro trala entrada de Italia na primeira guerra mundial en maio de 1915.

En novembro do mesmo ano fundou o periódico Il Popolo d’Italia, de tendencia ultranacionalista, o que lle valeu a expulsión do Partido Socialista. Posteriormente, quixo capitalizar o sentimento de insatisfacción que se apoderou da sociedade italiana tralo fin da contenda facendo un chamamento á loita contra os partidos de esquerdas, aos que sinalou como culpables da desfeita, e para iso creou en Milán en 1919 os Fasci italiani di combattimento, grupos armados de axitación que constituíron o xerme inicial do futuro partido fascista en 1920. Conseguiu gañarse o favor dos grandes propietarios e saír elixido deputado nas eleccións de maio de 1921.

Toma do poder

A impotencia do goberno para facer fronte á situación en que se atopaba o país e á disolución do Parlamento alisaron o camiño para a denominada Marcha sobre Roma, o 28 de outubro de 1922. A súa entrada triunfal na capital italiana, na que non atopou ningunha oposición, pois contou co beneplácito do exército e do goberno, motivou o seu nomeamento de primeiro ministro por parte do rei Vítor Manuel III o 30 de outubro de 1922.

Italia fascista

Naceu en parte coma reacción á Revolución Bolxevique do 1917 e ás fortes pelexas sindicais de traballadores e braceiros que rematou no "bienio vermello", en parte como polémica respecto á sociedade liberal-democrática que saíu malpocada da experiencia da primeira guerra mundial.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.