A Constitución dos Estados Unidos é a lei suprema dos Estados Unidos de América. Foi adoptada na súa forma orixinal o 17 de setembro de 1787 pola Convención Constitucional de Filadelfia, Pensilvania e logo ratificada polo pobo en convencións en cada estado no nome de "Nós o Pobo" (We the People)[1][2] A Constitución ten un lugar central no Dereito e a cultura política estadounidense[3]. É a segunda constitución máis antiga do mundo que se atopa en vixencia (logo da de San Marino).

Thumb
Primeira páxina orixinal da Constitución dos Estados Unidos

Historia

Requisitos para o seu desenvolvemento e ratificación

En setembro 1786, comisionados de cinco estados reuníronse na Convención de Annapolis para discutir sobre axustes aos Artigos da Confederación que mellorarían o comercio. Invitaron a representantes doutros estados a xuntase en Filadelfia para discutir melloras ao goberno federal. Logo do debate, o Congreso da Confederación propúxose revisar os Artigos da Confederación para o 21 de febreiro de 1787. Doce estados, sendo Rhode Island a única excepción, aceptaron a invitación e enviaron delegados para a xunta en maio de 1787. A resolución que chamaba á Convención especificaba o seu propósito de emendar os Artigos, pero a Convención decidiu propor escribir unha nova Constitución. A Convención de Filadelfia votou a favor de manter as deliberacións en segredo e decidiu redactar un Novo deseño fundamental de goberno que establecía que 9 dos 13 estados terían que ratificar para que o novo goberno tivese efecto (para os estados participantes).

Traballo da Convención de Filadelfia

O Plan de Virxinia foi a axenda non oficial da Convención, redactada na súa maioría por James Madison. Estaba dirixida a favorecer os intereses dos estados máis grandes, e entre outras propostas estaban:

  • Un poderoso Congreso bicameral cunha Cámara e un Senado
  • Un executivo (Presidente) elixido polas lexislaturas
  • Un poder xudicial, con períodos de servizo para sempre, con poderes vagos
  • A lexislación nacional podería vetar leis estatais

Unha proposta alternativa, o Plan de Nova Jersey, daba aos estados iguais influencias e foi promovida polos estados máis pequenos.

Ratificación

Datos rápidos Ratificacións da Constitución, Data ...
Pechar

Ao contrario do proceso de modificación establecido no Artigo 16 dos Artigos da Confederación, o Congreso someteu a proposta aos Estados e fixou os termos de representación.

O 17 de setembro de 1787, a Constitución foi completada en Filadelfia, seguida por un discurso dado por Benjamin Franklin quen falaba de unanimidade, aínda que só se necesitaban nove estados para ratificar a Constitución para que esta entrase en vixencia.

Logo de arduas loitas para a ratificación en varios estados, Nova Hampshire converteuse no noveno estado o 2 de xuño de 1788. Unha vez que o Congreso da Confederación recibiu noticias da ratificación de Nova Hampshire, estableceu datas para que a Constitución entrase en vixencia, e o 4 de maio de 1789, o goberno baixo a Constitución comezou a operar.

Influencias históricas

Moitas das ideas na Constitución eran novas, un gran número delas foron redactadas da literatura do Republicanismo nos Estados Unidos, da experiencia dos 13 estados, e da experiencia do Reino Unido coa súa mestura de goberno. A influencia máis importante da Europa Continental viño de Montesquieu, quen salientaba en ter forzas balanceadas que fixéranse presión para previr a tiranía. (Isto reflicte a influencia dos tratados de Polibio (século segundo a.C.) sobre os puntos importantes e os balances da Constitución da República Romana). John Locke é coñecido por ter unha influencia mesturada, e a cláusula do debido proceso da Constitución dos Estados Unidos foi parcialmente baseada no dereito anglosaxón con referencias á Carta Magna de 1215.

Influencias na Carta de Dereitos dos Estados Unidos

A Carta de Dereitos dos Estados Unidos foron as dez emendas engadidas á Constitución en 1791, tal como os propoñentes prometeran aos opoñentes durante os debates de 1788. A Bill of Rights (1689) foi unha inspiración para a Carta de Dereitos estadounidense. Por exemplo, ambas requirían xuízos con xurado, conteñen un dereito a portar armas, e prohiben as fianzas excesivas ao igual cos "castigos crueis e inusuais". Moitas liberdades protexidas polas constitucións estatais, e a Declaración de Dereitos de Virxinia foron incorporadas á Bill of Rights estadounidense.

Artigos da Constitución

A Constitución ten sete artigos orixinais, e vinte e sete emendas.

Preámbulo

O preámbulo establece:

Nós o Pobo dos Estados Unidos, a fin de formar unha Unión máis perfecta, establecer a Xustiza, garantir a tranquilidade nacional, prover a defensa común, promover o Benestar xeral, e asegurar as Bendicións da Liberdade para nós mesmos e a nosa Posteridade, ordenamos e establecemos esta Constitución para os Estados Unidos de América.

Artigo Primeiro: O Poder Lexislativo

O artigo un establece o poder lexislativo do goberno, o Congreso dos Estados Unidos, incluíndo a Cámara de Representantes e o Senado. O artigo establece a forma de elección e requisitos dos membros da Cámara e do Senado. Ademais, estipula o debate libre no Congreso e limita o comportamento egoísta dos membros do Congreso, perfila o procedemento lexislativo e indica os poderes do poder lexislativo.

Artigo Segundo: O Poder Executivo

O artigo dous describe a presidencia (poder executivo): procedementos para a selección do presidente, cualificacións para a oficina, o xuramento que afirmarán e os poderes e deberes da oficina. Tamén prové a oficina do vicepresidente dos Estados Unidos, e especifica que o vicepresidente sucede á presidencia se incapacitan ao presidente, morre, ou dimite, aínda que se esta sucesión é temporal ou permanente non quedou claro. Na práctica, isto tratouse sempre como sucesión, e a 25ª emenda estipula explicitamente a sucesión. O artigo dous tamén regula a acusación e o cesamento da oficina dos oficiais civís (o presidente, o vicepresidente, os xuíces, e outros).

Artigo Terceiro: O Poder Xudicial

O artigo tres describe o sistema xudicial (poder xudicial), incluíndo o Tribunal Supremo. O artigo require que haxa un tribunal chamado o Tribunal Supremo; O Congreso, á súa discreción, pode crear tribunais menores, cuxos xuízos e ordes son revisables polo Tribunal Supremo. O artigo tres tamén require a participación do xurado en todos os casos criminais, define o crime de traizón, e encarga ao Congreso prever un castigo para el.

Artigo Cuarto: Os poderes do Estado e límites

O artigo catro describe a relación entre os estados e o goberno Federal e entre os propios estados. Por exemplo, isto require que estados dean "total fe e crédito" aos actos públicos, rexistros e procesos doutros estados. Permite ao Congreso regular a forma na cal probar tales actos, rexistros ou actas para ser admitidos. A cláusula de "privilexios e inmunidades" prohibe a gobernos estatais discriminar aos cidadáns doutros estados en favor de cidadáns residentes (p.ex., impondo penas maiores aos residentes de Ohio condenados por crimes cometidos en Míchigan).

Artigo Quinto: Proceso de emendas

O artigo cinco describe o proceso necesario para emendar a constitución. Establece dous métodos de propor emendas: polo Congreso ou por unha convención nacional pedida polos estados. Co primeiro método, o Congreso pode propor unha emenda cos votos de dous terzos (dun quórum, non necesariamente de todo o Órgano) do senado e da cámara de representantes. Co segundo método, dous terzos das lexislaturas de cada estado poden convocar e "obrigar" ao Congreso a levar a cabo unha convención nacional, co cal o Congreso debe convocar tal convención co fin de considerar as emendas (Ata o 2007, soamente utilizouse o primeiro método —proposta do Congreso—). Unha vez propostas —ben polo Congreso ou polas convencións nacionais— débense ratificar por tres cuartos (3/4) dos estados para que teñan efecto.

Artigo Sexto: Poder Federal

O artigo seis establece a Constitución, e as leis e tratados dos Estados Unidos realizados de acordo con ela, como a lei suprema do estado, e que "os xuíces en cada estado estarán así obrigados, a pesar de calquera cousa que fixen as leis ou as constitucións dos estados". Tamén valida a débeda nacional creada baixo os artigos da confederación e require que todos os lexisladores, oficiais federais, e xuíces xuren ou afirmen "apoiar" a Constitución. Isto significa que as constitucións e as leis dos estados non deben estar en conflito coas leis da Constitución federal -e que en caso de conflito, os xuíces do estado están limitados legalmente a acatar as leis federais e a Constitución por encima das de calquera estado.

O artigo seis tamén indica que non se requirirá "nunca ningunha proba ou requisito relixioso para acceder a calquera oficina ou dependencia pública dependente dos Estados Unidos".

Artigo Sétimo: Ratificación

O artigo sete fixa as esixencias para a ratificación da Constitución. A Constitución non entraría en vigor ata que polo menos nove estados a ratificasen en convencións estatais especialmente convocadas para tal obxectivo.

Páxinas orixinais da Constitución

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.