actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Jessica Marie Alba, nada o 28 de abril de 1981[1] en Pomona (California), é unha actriz estadounidense.
Comezou a actuar aos trece anos, aparecendo en Camp Nowhere e The Secret World of Alex Mack (1994), porén fíxose coñecida grazas á serie de televisión Dark Angel (2000–2002) onde interpreta a protagonista Max Guevara. Posteriormente apareceu en varios filmes como Honey (2003), Sin City (2005), Fantastic Four (2005), Into the Blue (2005), Fantastic Four: Rise of the Silver Surfer e Good Luck Chuck ambos os dous de 2007.
Alba está considerada un sex symbol e frecuentemente atrae a atención dos medios, adoita aparecer na sección "Hot 100" da revista Maxim e AskMen.com votouna como número un das "99 mulleres máis desexadas" en 2006, sendo tamén a "A muller máis sexy do mundo" segundo FHM en 2007. Así mesmo, foi portada da revista Playboy. Entre os premios que recibiu están o Teen Choice, o Saturn, e un nomeamento aos Golden Globe polo seu papel en Dark Angel.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.