Álvaro das Casas

escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Álvaro das Casas

Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Álvaro das Casas
Thumb
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1901
Ourense, España
Morte8 de marzo de 1950 (48 anos)
Barcelona, España
Lugar de sepulturaSabucedo de Montes
EducaciónUniversidade de Valladolid
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, poeta
Partido políticoPartido Galeguista
Membro de
Xénero artísticoPoesía
Familia
IrmánsAugusto Casas

Galiciana: 6148
Pechar

Traxectoria

Thumb
Grupo dos Ultreyas na Misión Biolóxica de Galicia en 1932.

En Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato e a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. En 1928, mentres residía en Madrid, nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega. Creou a Biblioteca de Estudios Gallegos dentro da editorial Compañía Ibero-Americana de Publicaciones.

Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho. No ano 1933, despois dunha longa polémica co Partido Galeguista, funda a Vangarda Nazonalista Galega. Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, en que fala do teatro de Galiza, publica a súa proposta de teatro galego. Na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza, trazos que se achan na obra A morte de Lord Staüler (1929). Dirixiu a revista Alento (1934-1935).

Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Buenos Aires. Alí fundou en 1939 canda a Mariano Medina del Río o proxecto Emecé Editores.[1] Despois residiu no Brasil.

A finais de febreiro de 1950 regresou a España gravemente enfermo, desembarcando en Barcelona;[2] alí morreu o 8 de marzo dese mesmo ano.[3] Foi soterrado en Sabucedo de Montes (Cartelle).[4]

Obra

Thumb
Manuel Lesteiro López, Claudio Losada, Álvaro das Casas e Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia, retrato en Vida Gallega, 1932.

Álvaro das Casas foi principalmente un autor dramático, o cal non lle impediu cultivar timidamente outros xéneros. A súa traxectoria como escritor está composta polas seguintes obras:

Teatro

Thumb
Álvaro María de las Casas e os Ultreyas visitando o dolmen de Axeitos, Vida Gallega, 1933.

Poesía

  • Sulco e Vento (1931).
  • Escolma de cantigas (1934).

Prosa

  • Ladaíña (1927). Colección Lar.[6]
  • Xornadas de Sebastián Albor (1931).

Ensaio

  • A Illa de Ons (1932, Nós).
  • Verbas aos Mozos Galegos (1933).

Recoñecemento

A Asociación Álvaro das Casas leva o seu nome.[7]

Vida persoal

Foi irmán do tamén escritor Augusto Casas. Casou con María Ulloa Sotelo en 1928.[8]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.