editorial e revista galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Lar[1][2] foi unha editorial da Coruña, continuadora da Editorial Céltiga, que publicou con periodicidade irregular, de 1924 a 1928, unha colección de novelas curtas. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal. Os cinco primeiros números editáronse na imprenta Moret. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño. Cesou en 1928, dando paso á Editorial Nós.
Lar | |
---|---|
Tipo | periódico e editorial |
Data de fundación | 1924 |
Fundador(es) | Leandro Carré Alvarellos |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
No seu primeiro número, publicado en decembro de 1924, incluía a novela A miña muller, de Wenceslao Fernández Flórez.
No segundo número, publicado o 20 de decembro de 1924, incluía a novela O anarquista, de Leandro Pita Romero.
No terceiro número, publicado o 3 de xaneiro de 1925, incluía a novela O pastor de doña Silvia, de Aurelio Ribalta.
Posteriormente publicáronse as seguintes obras de novela curta:
Amais, no eido do teatro: O corazón d'un pedáneo, de Leandro Carré Alvarellos e O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte; e no da poesía: No desterro de Ramón Cabanillas, entre outras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.