escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Florencio Vaamonde Lores, nado en Ouces (Bergondo) o 2 de abril de 1860 e finado na Coruña o 19 de outubro de 1925,[1] foi un historiador e escritor galego. O seu irmán César foi un destacado historiador.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1860 Ouces, España |
Morte | 19 de outubro de 1925 (65 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | Funcionario de Facenda |
Empregador | Irmandades da Fala |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, prosa e ensaio |
Familia | |
Irmáns | César Vaamonde Lores |
Nado en Bergondo no seo dunha familia fidalga que en 1878 se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do Rexurdimento, preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega (1906)[2] e colaborou na Revista Gallega de Galo Salinas. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, Os Calaicos 1894, que canta as fazañas de María Pita (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.
Alén disto, abrazou a ideoloxía rexionalista e acudiu aos faladoiros da Cova Céltica, que se celebraban na libraría que Uxío Carré Aldao tiña na Coruña.
Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego, como Odas de Anacreonte (1897).[3] Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.