Bergondo

concello da comarca da Coruña, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Bergondomap

Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O xentilicio é bergondés.[1]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Bergondo
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 43°19′10″N 8°14′02″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalCarrio
Poboación
Poboación6.986 (2024) (212,66 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie32,85 km²
Bañado porOcéano Atlántico e Ría de Betanzos
Altitude68 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcaldesa Alejandra Pérez Máquez (2008–)
Eleccións municipais en Bergondo
Identificador descritivo
Código postal15165
Fuso horario
Código INE15008

Sitio webconcellodebergondo.com
Pechar

Xeografía

Demografía

Evolución da poboación de Bergondo dende 1900:

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011

Máis información Censo total 2014, 6702 habitantes ...
Censo total 2014 6702 habitantes
Menores de 15 anos 797 (11,89 %)
Entre 15 e 64 anos 4171 (62,23 %)
Maiores de 65 anos 1734 (25,87 %)
Pechar
Evolución da poboación de Bergondo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5869 5597 6003 5293 6413 6696 6712
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

Toponimia

A orixe e o significado do nome de Bergondo son controvertidos. Aínda que algúns autores cren que pode derivar dun nome persoal de orixe xermánica, outros inclúeno entre os topónimos prerromanos compostos cun segundo elemento -gondo (coma Abegondo, Beigondo, Mabegondo...).[2] Fai referencia ao rei Brigo ou a unha elevación montañosa: berg. O topónimo de Lubre, un dos lugares do concello, puidera ser o bosque sagrado dos celtas.[3]

O primeiro documento no que se cita o topónimo Bergondo está datado en 1138 como 'Burgundium'. O abade Recendus de Burgundio confirma a doazón feita polo Conde de Traba á súa filla Urraca. Urraca no seu testamento de 1193 deixa o mosteiro chamado Bergondo.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Existen numerosos castros no concello:

  • Castro de Rebodero na parroquia de Ouces
  • Bergondiño na de Bergondo
  • Os Fornos, en San Xoán de Lubre
  • Carrio (Bergondo)
  • Santa Marta de Babío
  • San Fiz de Vixoi
  • Montecelo
  • Pazos en Moruxo
  • Castro do Monte da Fame en Guísamo

Patrimonio arquitectónico

A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico, que foi construída na segunda metade do século XII, pertencía ao mosteiro bieito de San Salvador de Bergondo. Sobre a súa proporcionada planta basilical desenvólvense tres naves e tres ábsidas semicirculares. Despois dun incendio que provocou o afundimento da cuberta, fixéronse as reformas na segunda metade do século XIV. Na fachada principal destacan os dous robustos contrafortes e as arquivoltas, apoiadas en dous pares de columnas, que enmarcan un tímpano decorado con arcos de medio punto.

Patrimonio cultural

Museos:

Patrimonio natural

Praias:
  • Praia de Gandarío (Ouces)
  • Praia do Pedrido
  • Praia de Regueiro

Economía

O concello ten unha importante base económica como periferia da cidade da Coruña por estar preto de Betanzos e o camiño de Santiago, e por ser lugar de paso da estrada N-VI e da autovía A-6. As súas boas comunicacións fan do polígono de Bergondo o núcleo económico do concello. Dende o século XVII coa ligazón coa cidade de Betanzos por concesión de cidadanía é un concello con sona de bos xoieiros. En Bergondo están algunhas das máis importantes fábricas de xoias de Galicia como Balcarsa, Unión Joyera ou Annique. Bergondo é coñecido como a xoia das Mariñas.

Política

Eleccións municipais de 2019

Máis información Partido Político, Diferenza en escanos ...
Partido Político Diferenza en escanos Votos Escanos
PSdeG-PSOE +1 1518
6 / 13
PPdeG +1 1090
4 / 13
Alternativa dos Veciños novo 740
2 / 13
BNG +1 404
1 / 13
Pechar

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Bergondo.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Bergondo

Bergondo (San Salvador) | Cortiñán (Santa María) | Guísamo (Santa María) | Lubre (San Xoán) | Moruxo (San Vicente) | Ouces (San Xoán) | Rois (Santa Mariña) | Santa Marta de Babío (Santa Marta) | Vixoi (San Fiz)

Lugares de Bergondo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bergondo vexa: Lugares de Bergondo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.