Lubre, Bergondo

parroquia civil do concello de Bergondo From Wikipedia, the free encyclopedia

Lubre, Bergondomap

San Xoán de Lubre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 878 habitantes (441 mulleres e 437 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 749 habitantes.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Lubre
Thumb
Igrexa parroquial de San Xoán.
ConcelloBergondo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°19′21″N 8°15′32″O
Poboación878 hab. (2018)
Entidades de poboación14[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

Coa creación dos concellos en 1812 a parroquia de San Xoán de Lubre foi en principio encadrada no concello de Sada, e posteriormente adherida ao de Bergondo.[Cómpre referencia]

Cultura

Topónimo

Lubre é un topónimo céltico, prerromano, que se refire a un poboado nunha fortificación, nun lugar alto ou nun castro. A súa orixe é anterior ao século III.[2][3][4]

Patrimonio

A igrexa parroquial de San Xoán foi construída co fin de acoller peregrinos cara a 1876 por Antón Romero, con Arturo Pailos e Manuel Souto como xefes da mans de obra.

Lugares e parroquias

Lugares de Lubre

Lugares da parroquia de Lubre no concello de Bergondo (A Coruña)

Armuño | A Campiña | Campo de Leis | Campo Galán | Casal de Agra | O Corral da Igrexa | Dornas | O Espírito Santo | Guinlle | Obra de Paño | Riomaior | Rúa da Lama | Sanín | A Viña

Parroquias de Bergondo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Bergondo

Bergondo (San Salvador) | Cortiñán (Santa María) | Guísamo (Santa María) | Lubre (San Xoán) | Moruxo (San Vicente) | Ouces (San Xoán) | Rois (Santa Mariña) | Santa Marta de Babío (Santa Marta) | Vixoi (San Fiz)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.