etnógrafo e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Lois Galo Vicente Carré Alvarellos, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1898 e finado o 26 de abril de 1965, foi un etnógrafo e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Galo Vicente Carré y Alvarellos 22 de xaneiro de 1898 A Coruña, España |
Morte | 26 de abril de 1965 (67 anos) A Coruña, España |
Residencia | Madrid |
Actividade | |
Ocupación | etnógrafo, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Uxío Carré Aldao |
Irmáns | Gonzalo Carré Alvarellos Uxío Carré Alvarellos Leandro Carré Alvarellos |
Fillo de Uxío Carré Aldao, fixo o servizo militar en Madrid, onde se matriculou en Maxisterio pero abandonou a carreira e comezou a traballar como administrativo na Sociedad General Gallega de Electricidad, que en 1943 pasou a formar parte de Fenosa.
Carré fixo algunhas achegas relacionadas coas investigacións etnográficas, breves incursións na novela curta (publicadas co pseudónimo de Luís G. Vicencio), estudos ao abeiro da literatura popular e o ensaio Manuel Curros Enríquez: A súa vida e súa obra, editado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1] e pertenceu como especialista no conto popular á asociación alemá Märchen der europäischen Völker.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.