Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia de Cidade Real[1] (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).
Provincia de Ciudad Real (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Capital | Ciudad Real (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 492.591 (2021) (24,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 19.813 km² | ||||
Punto máis alto | Q56436434 (1.371 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Guadiana (360 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Diputación Provincial de Ciudad Real (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 13 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-CR | ||||
Código NUTS | ES422 | ||||
Código INE | 13 | ||||
Sitio web | dipucr.es | ||||
A súa paisaxe está definida pola Meseta Central Ibérica na súa metade setentrional: trátase dun extenso altiplano de horizonte chairo apenas interrompido por outeiros de pouca altura. O sur da provincia está delimitado pola Serra Morena, na que o principal paso cara Andalucía está en Despeñaperros; mentres que no Norte érguense os Montes de Toledo, unha cadea montañosa non moi elevada.
Gran parte do territorio pertence á comarca da Mancha, arredor da cal aparecen as subcomarcas do Campo de Calatrava, o Campo de San Juan e o Campo de Montiel.
O río Guadiana é a principal cunca hidrográfica; nace nas lagoas de Ruidera, na parte oriental da provincia, desaparecendo e volvendo a aparecer nos arredores da localidade de Villarrubia de los Ojos. Algúns dos seus afluentes importantes na provincia son o Cigüela, o Záncara e o Jabalón.
O clima da provincia é continental, caracterizado por invernos fríos e veráns moi calorosos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.