From Wikipedia, the free encyclopedia
Cultura Gallega foi unha revista cultural bilingüe que se publicou na Habana do 5 de abril de 1936 a marzo de 1940.
Cultura Gallega | |
---|---|
País | Cuba |
Lugar | A Habana |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1936 |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu director foi Adolfo Víctor Calveiro, o propietario Eladio Vázquez Ferro e o administrador Jesús Iglesias Surribas. Nun principio mantiña unha clara posición republicana: defendía o Estatuto de autonomía, afirmaba os valores diferenciais de Galicia, introducía discursos dos deputados galegos no Parlamento, criticaba a conduta dos militares que se alzaron contra o Goberno legal. Co tempo e debido á progresiva decadencia por motivos económicos esta posición mudou. Interviñeron na súa axuda Diario de la Marina, de carácter conservador, e outros mecenas que inventaron uns bonos de apoio. A súa impresión pasou a ser de peor calidade, comezou a reducir a presenza da lingua galega e a incluír progresivamente máis contidos referidos á hispanidade, que exaltaban o Día da Raza e que desembocaron en 1939 na realización dun retrato de Francisco Franco.
Salienta a publicación dun número extraordinario dedicado a Rosalía de Castro en marzo de 1937 con motivo do seu centenario e en abril de 1938 apareceu un número monográfico dedicado a Manuel Curros Enríquez.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.