From Wikipedia, the free encyclopedia
Hispanidade (Hispanidad en castelán) é un concepto político que apareceu a comezos do século XX para chamar ás persoas, países e comunidades que teñen o idioma español e posúen unha cultura relacionada con España. O termo quedou fixado ao utilizalo Ramiro de Maeztu na súa obra "Defensa de la Hispanidad" en 1934.[1] Adoita incluírse nela aos estados que teñen o castelán como lingua oficial e os seus falantes.
| |
Membros | |
A idea de Hispanidade atópase ás veces asociada á chegada dos primeiros españois a América levados por Cristovo Colón, o 12 de outubro de 1492. Esa data é recordada en diversas nacións hispanas, aínda que con distintos nomes e significacións. Máis recentemente o termo foi relativamente cambiado por denominacións máis rechamantes como Iberoamérica ou expresións que fan referencia principalmente á lingua común como países «de fala hispana», ou literatura ou música «en español». Tamén se xeneralizou a identificación de «o latino», que en Estados Unidos se utiliza como sinónimo de "hispanic" (hispánico).
A palabra «hispanidade» deriva de Hispania, nome que os romanos deron á Península Ibérica unha vez conquistada. Por extensión a expresión hispano terminou sendo todas as persoas de fala hispana ou cultura desa orixe, que viven en América e España (DRAE).
Desde a década de 1980, nalgúns países aos hispanos chámaselles tamén latinos, aínda que sexa só un termo, a condición de latino pertencen tamén a países e pobos con idiomas derivados do latín (franceses, italianos, romaneses, portugueses...), pero que non se atopan incluídos neste termo da palabra, que a limita ao hispano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.