Galicia Moza

From Wikipedia, the free encyclopedia

Galicia Moza

Galicia Moza foi unha revista universitaria editada en Vilagarcía de Arousa en 1909.

Historia e características

Subtitulada Revista quincenal ilustrada, apareceu o 6 de xaneiro de 1909. Imprimiuse en Arousa, xa que en Santiago de Compostela negáronse a facelo. Dirixida por Luís Villardefrancos Calé, entre os seus colaboradores figuraban Lisardo Barreiro, Ramón Fernández Mato, Manuel Lustres Rivas, Eduardo Dieste e Julio Acha e contou coa participación de Castelao, a primeira cabeceira que debuxou para a prensa. Cesou ao pouco tempo.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.