Remove ads
concello da comarca de Terra Chá, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2016 tiña 5057 habitantes, e o xentilicio é castrexo.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Castro de Rei | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.015 (2023) (28,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 177 km² | ||||
Altitude | 444 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Javier Balado Teijeiro | ||||
Eleccións municipais en Castro de Rei | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27250 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27010 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | castroderei.gal |
Castro de Rei está situado na comarca da Terra Chá. A organización funcional do territorio obedece a unha estrutura monocéntrica, con tres focos comarcais: Vilalba, Guitiriz e Castro de Rei. Este factor condiciona a maior parte dos seus trazos socioeconómicos.
A súa altitude media sitúase entre os 400 e os 500 metros, aínda que na zona oriental o relevo volvese máis accidentado debido á súa proximidade ás serras do leste, con elevacións coma os Montes dos Millares (con 620 metros) e Pedras Albas (con 619 metros). Os montes da zona son Os Arroxos (493 m), O Condado (457 m), Aguceira (449 m), Abroiti (478 m) e Pedras Albas (616 m).
Regan as súas terras o Miño e varios dos seus afluentes. O Miño atravesa o concello e ata el derivan o resto dos colectores secundarios como son o Azúmara, o Lea e o Anllo.
Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da emigración e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.
Censo total 2016 | 5.057 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 436 (8,62 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.975 (58,82 %) |
Maiores de 65 anos | 1646 (32,54 %) |
Evolución da poboación de Castro de Rei Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7211 | 7123 | 7513 | 6290 | 5856 | 5685 | 5474 | 5422 | 5267 | 5226 | 5.153 | 5.057 | 5.013 | 5.011 | 5.052 | 5.073 | 5.110 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Castro de Rei presenta un clima temperado, con abundantes precipitacións nos meses do inverno. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e as súas extensas zonas húmidas, morada de aves acuáticas e de grandes comunidades de anfibios. Asociada a estas zonas húmidas aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, bosques, uceiras e xunqueiras, soutos e carballeiras.
A cabeza do concello, a vila de Castro de Rei, é conxunto histórico artístico desde 1971 e paraxe pintoresca.[2] Está situado nun outeiro que foi castro e despois fortaleza, conservándose parte das murallas do castro e do castelo. O castelo databa do século XVI, mais a súa torre caeu en 1941.[2] O brasón e o escudo do castelo pertencen á casa de Lemos e pódese ver o escudo intacto exposto a un lado da casa do concello.
Na parroquia de Ansemar hai megálitos e unha posible vila (uilla) de época romana coñecida como Vila de Arcas.
Na parroquia da Azúmara está o Castro da Azúmara.
Na parroquia de Castro de Rei están como xa dixemos o castro de Castro de Rei, no lugar que hoxe ocupa a capital do concello, e mais os restos do castelo de Castro de Rei, se ben do antigo castelo só se conserva a torre da homenaxe, obra da segunda metade do século XVI.
Na parroquia de Coea, no lugar dos Escouredos, descubriuse en 2020 unha vila romana[3].
Na parroquia de Duancos hai conxuntos de túmulos megalíticos.
Na parroquia de Duarría está o castro de Duarría.
Na parroquia de Loentia hai conxuntos de túmulos megalíticos e o castro de Loentia.
Na parroquia de Ribeiras de Lea hai varios megálitos.
Na parroquia de Santa Locaia hai unha necrópole megalítica e o castro da Escrita de Santa Locaia. Ademais, nesta parroquia hai quen asegura que o monte que agora é o Sagrado Corazón é o Monte Medulio.
Na parroquia de Viladonga están o Castrelo de Viladonga e mais o castro de Viladonga, exemplo de castro de ocupación tardía, e que conta cun Museo monográfico no que se expoñen pezas da cultura castrexa atopadas no sitio arqueolóxico. Este castro é un bo exemplo dun castro rural que seguiu habitado en época romana. O museo creado en 1983 é unha boa mostra do traballo que se debe realizar para coñecer a vida durante esa época. A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións feitas aquí desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos fan que as escavacións sigan a día de hoxe e a actualización do museo tamén.
A vila ten tamén dúas rutas de sendeirismo, unha que vai desde o castro de Viladonga ata o campo da Feira de Castro de Rei, e outra que é a ruta da escrita, onde nas paradas da ruta podemos ler poemas e escritos de autores da zona: Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Margarita Ledo, natural de Castro de Rei, entre moitos outros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.