Río Anllo

río da provincia de Lugo, afluente do Miño From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Anllomap

O río Anllo é un pequeno curso fluvial galego da provincia de Lugo, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita.

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Río Anllo
Thumb
O río Anllo ao seu paso por Fanoi, Abadín.
Tiporío
Inicio
División administrativaProvincia de Lugo, España
LocalizaciónOs Currás
Final
División administrativaGalicia, España
Localizaciónrío Miño
Thumb
 43°11′36″N 7°31′16″O
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Miño
Características
Altitude394 m
Dimensións42 () km
Pechar

Étimo

O nome pode corresponder a un étimo latino *rivu angulu, "río en ángulo"[1], posibelmente respondendo ao seu curso sinuoso, como está ben demostrado para Riaño, na provincia de León.

Descrición

Thumb
Sinal do río Anllo.

O Anllo nace ó pé do Cordal de Neda, na xunta dos regos da Ponte Vella e de Lousas, na ponte dos Currás, no concello lugués de Abadín, co nome de rego da Xesta.[2][3][4] Nos seus primeiros quilómetros de percorrido recolle as augas de numerosos regos que baixan dende o Xistral e o Cordal de Neda, e recibe os nomes de rego de Gontán, e río Abadín.[2] Logo de atravesar a parroquia das Goás recibe definitivamente o nome de Anllo. Penetra no concello de Cospeito e divídese en dous brazos: o dereito coñécese como río Guisande e desemboca no Támoga tras bañar a lagoa de Cospeito, mentres que o Anllo continúa polo brazo esquerdo[2][4]. Máis adiante volve dividirse en dous, formando unha grande insua na parroquía de Roás.[2] Despois de atravesar as parroquias de Momán e Xermar desauga no Miño no muíño do Toural, entre os lugares de Amorín (parroquia de Triabá, Castro de Rei) e Vilaguisada (parroquia de Xermar, Cospeito).[2] O seu percorrido total é de 42 km.[3]

O Anllo é un río de réxime pluvial, consonte unha pluviosidade de tipo oceánico. A media de precipitacións da súa conca de 1.166 mm anuais. [Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.