afluente do Miño From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Támoga, no seu comezo chamado Santa Baia, é un afluente do río Miño que discorre pola provincia de Lugo.[1]
Nace na serra do Xistral, transcorre polos concellos chairegos de Abadín e Cospeito, onde co seu afluente, o río Guisande, enche a lagoa de Cospeito, unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia.[4] Na súa xuntanza co río Miño, xunto á parroquia de San Xiao de Támoga, forma a insua de San Roque, no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. A área da súa bacía é de 233 km²[5].
O topónimo Támoga é de orixe prerromana, dunha raíz indoeuropea *tam-[6] 'de cor escura', que aparece noutros hidrónimos galegos como Tambre, Tamuxe ou Támega e noutros países europeos, como o inglés Támese (Thames).[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.