Remove ads
concello da comarca de Terra Chá, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Abadín ( pronunciación (axuda · info)) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.646 habitantes. (2.896 no 2009, 3.141 no 2006, 3.201 no 2005, 3.256 no 2004). O seu xentilicio é «abadinés».[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Abadín | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.203 (2023) (11,23 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 196,1 km² | ||||
Altitude | 500 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xosé María López Rancaño (1983–) | ||||
Eleccións municipais en Abadín | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27730 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27001 | ||||
Sitio web | abadin.es | ||||
O concello, de 196 km²[2], está situado ao nordeste da Terra Chá, e abrangue 19 parroquias e 194 entidades de poboación. Supón o 0,66% de Galiza, o 1,99% da provincia e o 10,75% da comarca de Terra Chá.[3] En extensión, é o duodécimo termo municipal máis grande dos 67 que forman a provincia de Lugo. Limita ó norte cos concellos de Alfoz e O Valadouro, ó sur con Cospeito, ó leste con Mondoñedo e A Pastoriza, e ó oeste con Vilalba e Muras.[4]
Está atravesado pola serra do Xistral, a Cordal de Neda e os ríos Labrador e Abadín. O punto máis elevado é Lombo Pequeno con 1 027 m.[5]
No concello destacan as serras de Cordal de Neda, Toxoso, Tremoal, Coto da Cal e A Fraga de Vigas xunto coas montañas de Costa do Sol e O Picouto. O monte Neda constitúe un vértice xeodésico para o Mapa Topográfico Nacional.
Estas son as principais elevacións por parroquia:
O monte de Argán (585 m) está no límite das parroquias de Moncelos, Corvite, Vilarente e A Graña.
A paisaxe de Abadín está configurada por un fértil val interior cruzado polos ríos Ouro, Labrada ou Labrador, Abadín, Pontiga, Santandrea, Pedrido, Anllo, Arnela e Fraga Vella (na súa maioría son regatos).
A temperatura media anual é suave, arredor de 10,8 °C. As precipitacións son elevadas, e roldan os 1.799 mm./ano[4]. Os invernos son fríos e chuviosos cunha temperatura mínima media arredor dos 6 °C, e os veráns secos e suaves. O clima dominante é de tipo oceánico-continental.
Censo total 2014 | 2.646 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 141 (5,33 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.376 (52 %) |
Maiores de 65 anos | 1.129 (42,67 %) |
No seguinte gráfico, apréciase a evolución da poboación no último século[6][7]
1860 | 1900 | 1930 | 1950 | 1960 | 1981 | 1991 | 1995 | 1997 | 2001 | 2005 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
5.307 | 5.005 | 5.590 | 6.352 | 6.129 | 4.881 | 3.942 | 4.004 | 3.650 | 3.432 | 3.201 | |
Fontes: INE e IGE (Os criterios de rexistro censal variaron entre 1860 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O índice de crecemento da poboación con respecto ós censos de 1900 e 1970, é case nulo. A emigración, entre 1890 e 1925, foi principalmente cara a América, case toda para Cuba e a Arxentina. Coma en moitos outros sitios, nos seguintes anos cambiou cara a Europa, Francia, Suíza e Inglaterra (1930 ó 1975).
As entidades de poboación que hai en Abadín son un total de 194 sendo as máis habitadas as de Abadín e Gontán.
Como se pode ver na táboa anterior, o concello mantén unha evolución demográfica negativa, debido ás altas taxas de mortalidade, á feble natalidade e á forte emigración.
Do período paleolítico fican pegadas en Xestido-O Catadoiro, na parroquia de Labrada. Existen dolmens e mámoas en Pena Abaladoira e, tamén, na mesma parroquia, Petitone, amais do dolmen de Romariz.[9]
A presenza romana pódese constatar nos pedregais auríferos consecuencia dos traballos da extracción de ouro. O termo municipal de Abadín formou parte dunha xurisdición na que estaban o señoríos de Baroncelle, Costa da Monte e Vilarente. Coma outras terras do bispado mindoniense, está vinculado historicamente á chegada dos británicos insulares nos séculos V e VI, como data a sinatura do Bispo Mailoc da Diocese de Britonia no Segundo Concilio de Braga no 572.
Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de Afonso VII, do "astrum Baroncelli do ano 1132. O que posiblemente motive que no ano 1207, Romeo, abade de Lourenzá, lle dese permiso a dez veciños para explotar o territorio de Choi en Romariz. Pero consta que xa existe un documento dos monxes de Meira con data do 3 de decembro de 1254, no que o abade Hemerico dá carta de poboación á Granxa de Vilarente en favor dos seus 54 veciños e sinalando os tributos que tiñan que pagar, elixindo en concello sete veciños e, entre eles, o abade escollería un para alcalde.
Visto que houbo interferencias entre Meira e Lourenzá polo cobro das gabelas e rendas, unha delegación común dos mosteiros presidida por un abade que cobraba os décimos e tributos ditatorialmente, ao que chamaban con retranca 'O Abadín'. Contra o 1500 destaca a familia Luaces, a un de cuxos membros lle foi concedida carta de nobreza en 1515. Pero non é ata o 18 de maio de 1562, cando Filipe II expide unha real cédula autorizando a venda do couto de Abadín a Luís Luaces polo Cabido de Mondoñedo coa súa xurisdición civil e criminal, co señorío de soga e coitelo e con bens como a casa e torre de Abadín (hoxe desaparecidas pero nelas estiveron o Concello e o xulgado ata 1897), a torre e casa de Vilacendoi, o lugar de Vilamor coa súa torre etc. e que abrangue os señoríos de Baroncelle, Costa da Morte e Vilarente. As regalías dos Luaces mantéñense ata o século XIX e as novas que se teñen deste concello están sempre vinculadas a esta familia.
En 1833 pasa a depender da provincia de Lugo, ao desaparecer a provincia de Mondoñedo, da que formaba parte.
Segundo J. M. Piel, o topónimo procede de Abbatini, quizais relacionado coa súa pertenza afastada ás abadías de Meira ou Lourenzá. Fernando Cabeza Quiles[10] coincide con esta teoría de (vila) Abbatini, "vila de Abbatinus", nome persoal latino, localizándoo como testemuña dun documento de 1195 e tamén existe un documento dos monxes de Meira con data do 3 de decembro de 1254.
Outra teoría máis improbable é que puidese proceder dos descendentes do fundador do reino de Taifas en Sevilla, Abul Kasin al Abad I, creador da dinastía dos Abbásidas.[Cómpre referencia]
No concello de Abadín hai gran cantidade de mostras arqueolóxicas e arquitectónicas que van dende os restos de sitios arqueolóxicos da época megalítica e castrexa ata importantes edificacións civís e eclesiásticas de distintas épocas.
Os principais restos prehistóricos son a mámoa de Romariz, os castros de Os Castros, Fraiás-Terraxis (Moncelos), Abeledo e Romariz, as penas Abaladoira e Petitore, e os monumentos megalíticos de Fanoi.
Hai distintas mostras no campo relixioso de igrexas parroquiais con restos románicos, como a igrexa de Santa María de Abadín (datada no século XII, aínda que a capela é do século XVI, en estilo gótico isabelino, co escudo da casa de Luaces, unhas estrelas e unha media lúa no alto da fachada), a igrexa de San Bertomeu de Cabaneiro (século XII) ou a igrexa de San Xoán de Romariz (posiblemente do século XIII). Hai tamén outras igrexas do século XVI de estilo renacentista, a igrexa de Santa María de Moncelos e a igrexa vella de Santa María de Montouto.
Hai tamén numerosas mostras de arquitectura popular reflectida nos numerosos cruceiros, petos de ánimas e capelas que salpican o municipio. Consérvanse dúas pontes medievais, ambas as dúas en Romariz. Tamén teñen valor os numerosos cruceiros espallados en todas as parroquias, pero especialmente na de Corvite.
Con respecto á arquitectura civil e militar quedan restos de pazos e casas grandes, como o pazo de Cernada (Santa María de Graña), pazo da Roxoa (en Castromaior, cunha importante fachada datada a principios do século XVI), pazo Torre de Escourido ou a Casa reitoral de Labrada (século XIX).
A feira faise o primeiro e o terceiro sábado do mes en Gontán. Tamén se organiza a Feira de Santos de Abadín, celebrada nos primeiros días de novembro, é coñecida en toda Galicia.
As principais festas que se celebran no concello son:
Na zona teñen especial interese o caldo galego, o cocido, os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.
Tamén no campo da artesanía o concello ten as súas tradicións, sendo o máis típico as colchas e mantas tecidas, tamén destacando o traballo dos metais.
En Abadín hai unha gran tradición etnográfica, abundan as lendas históricas como a que relata a orixe árabe da parroquia de Aldixe, a das "ruínas do mosteiro" de Abadín das que se supón que quedan restos do mencionado mosteiro cerca da igrexa parroquial ou a do Castelo de Portela que se considera un altar de sacrificios celta. Dentro das lendas populares hai moitos ditos relatados con máis ou menos profundidade, como a Pena oscilante de Castromaior da que se din que era utilizada polos celtas para dar a coñece-la fidelidade das mulleres. Outra lenda popular é a que conta que Santiago dende o Monte Argán dixo: "Este é o Monte do Ceo" e de aí ven o nome de Moncelos, parroquia de Abadín.
O concello ten como motivo principal do seu escudo unha torre e dúas flores de lis en campo de azur. Ó timbre, coroa de duque.
Abadín é un concello netamente agrario, á maior parte da poboación activa dedícase a actividades agrícolas ou gandeiras. A gandería bovina oriéntase á obtención de leite, mentres o gando ovino e caprino vive en semiliberdade nas montañas.
O sector primario ten unha gran transcendencia na economía municipal; as explotacións agrarias no 1995 eran 1.148, dedicando 4.081 hectáreas a pasteiros permanentes para a importante gandaría sobre todo a bovina que en 1995 tiña 6.895 animais, seguíndolle a gran distancia o gando ovino con 146 e o caprino con 62, estes dous derradeiros en réxime de semiliberdade.
Con respecto á explotación forestal do municipio, é unha actividade que ocupa con arboredo o 70% da superficie total do concello da cal aproximadamente a metade corresponde o monte madeireiro integramente. En canto o sector secundario, hai un complexo industrial de Lácteos Lorán (residente en Gontán) dedicado á fabricación de queixo que se nutre da mellor materia prima existente nos arredores. No campo das empresas familiares poden situarse varios talleres e viveiros de plantas e árbores diversos. O sector servizos aglutínase na capital municipal arredor da súa principal vía de comunicación.
Entre as abundantes actividades de lecer pódese facer sendeirismo polas múltiples sendas e camiños do concello; tamén pasa por Abadín a ruta da costa do camiño de Santiago.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.