Remove ads
parroquia civil do concello de Abadín From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Baroncelle é unha parroquia pertencente ao concello de Abadín. Tiña 158 habitantes en 2015 (87 homes e 71 mulleres) segundo datos do IGE[2]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando vivían nas súas 12 entidades de poboación 165 veciños (92 homes e 73 mulleres).
Baroncelle | |
---|---|
Igrexa vella de Baroncelle. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°18′N 7°30′O |
Área | 6,67 km² |
Poboación | 147 hab. (2019) |
Densidade | 22,04 hab./km² |
Entidades de poboación | 22[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten unha superficie de 6,67 km². Limita coas parroquias de Aldixe, As Goás, Abeledo, Corvite e Moncelos; tamén coas de Árbol e Carballido do concello de Vilalba. Pertence ao arciprestado de Terrachá da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Dos 22 lugares recollidos na toponimia oficial 12 son entidades de poboación, sendo a densidade media de poboación no 2015, de 23,69 hab/km².
As entidades co seu respectivo número de habitantes no 2006 son as seguintes: A Abelleira (12), O Asperón (27), Augalevada (26), A Casavella (15), O Castiñeiro (11), O Fondo (5), A Fonte do Mouro (9), Golpilleiras (4), A Uceira Grande (26), Vacaferreira (9), O Valado (3) e Vilatán (11).
Outros lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: Os Barreiros, Os Caseiros, Cornello, A Fraga, O Lodeiro, Piñeiro, Porto do Río, Ríos, Seminaus e A Uceira Pequena.
Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de Afonso VII, do "Castrum Baroncelli" do ano 1132.
Existe unha antiga igrexa parroquial de Santiago de Baroncelle nunha fermosa paraxe na aldea da Casavella. A igrexa construíuse no século XVII. Actualmente atópase en estado ruinoso e pechada ao culto. Ten unha soa nave de planta rectangular con capela maior cuadrangular e sancristía acaroada. Sobre a fachada, pequena espadana dun so van. No seu interior un arco triunfal semicircular, retablo maior neoclásico, e dous retablos barrocos dos que destaca o retablo de San Rosendo, procedente da catedral de Mondoñedo.
Lugares da parroquia de Baroncelle no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Abelleira | O Asperón | Augalevada | Os Barreiros | A Casavella | Os Caseiros | O Castiñeiro | Cornello | O Fondo | A Fonte do Mouro | A Fraga | Golpilleiras | O Lodeiro | Piñeiro | Porto do Río | Ríos | Seminaus | A Uceira Grande | A Uceira Pequena | Vacaferreira | O Valado | Vilatán |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.