Castromaior, Abadín
parroquia civil do concello de Abadín From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán de Castromaior é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita coas parroquias de Candia, Goás e Aldixe; e a de Corvelle (no concello de Vilalba).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castromaior.
Castromaior | |
---|---|
![]() Padrón, lugar de Castromaior. | |
![]() | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°20′00″N 7°32′00″O |
Área | 11,93 km² |
Poboación | 145 hab. (2023) |
Densidade | 12,15 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pertence ó arciprestado de San Simón e ten 145 habitantes distribuídos en 9 entidades de poboación (2023)[2]: A Arnela (2), O Barral (29), Billetes (13), Celme (16), Egoeiras (17), Fontefeal (13), Fraga (6), As Paredes (36) e Roxoa (13), sendo a súa densidade media de 12,15 hab/km2. A superficie da parroquia é de 11,93 km2. Isto supón unha diminución da poboación con respecto a 2014 cando tiña 170 habitantes, sendo 73 homes e 97 mulleres.
Toponimia
A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[3][4]
Patrimonio

- O Pazo da Roxoa é unha propiedade privada que non está aberta ás visitas. Está situado na ladeira dun outeiro que baixa cara ao val, con arborado abundante na leira e arredores. Ten planta rectangular con corpos engadidos na parte posterior. Na fachada principal hai unha porta de arco de medio punto, gran lápida de pedra e 2 escudos con data de 1510; o patín central é de cachotería e 4 columnas de pedra. Fonte de 2 canos con mascaróns, cerca do pazo. Capela na parte traseira. Cruceiro á entrada. Muros de cantería granítica. Cuberta de lousa a catro augas.
- Igrexa parroquial de San Xoán de Castromaior, situada na aldea do Barral. A Igrexa está emprazada sobor dun antigo castro, construída no século XVI e reformada posteriormente. De planta rectangular, cuberta de lousa a dúas augas. Sancristía acaroada na cabeceira. Fachada coa porta de entrada de arco escarzano, arquivolta en aresta e moldura exterior sinxela; tímpano adlintelado e mochetas con decoración xeométrica; e con espadana dun só van. O muro lateral ten unha frecheira. No interior destaca o retablo maior barroco do século XVIII, dous retablos laterais de traza popular e un arco sepulcral co escudo de Xoán Montenegro, do 1622.
Lugares e parroquias

Lugares de Castromaior
Lugares da parroquia de Castromaior no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Arnela | O Barral | Billetes | Bioces | A Canteirada | Celme | Egoeiras | Entrelorríos | Fontefeal | Fontemuín | Fosas | Fraga | O Grandón | As Paredes | O Pazo | A Pedreira | Rega do Foxo | Roma | Roxoa | Sever | Suarriba | A Tarroeira |
Parroquias de Abadín

Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.