Cospeito
concello da comarca de Terra Chá, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Cospeito é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Terra Chá. O xentilicio é cospeités, cospeitego ou cospeitense.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cospeito.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | A Feira do Monte | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.257 (2023) (29,36 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 145 km² | ||||
Altitude | 762 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Armando Castosa | ||||
Eleccións municipais en Cospeito | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27377 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27015 | ||||
Sitio web | concellodecospeito.es |
Xeografía
Está situado na comarca da Terra Chá. Destaca a lagoa de Cospeito, con presenza de patos, garzas e outras especies, de interese para os afeccionados á ornitoloxía e amantes da natureza.
Poboación
A súa poboación no ano 2016 era de 4754 persoas, segundo o Padrón municipal.
Censo total 2016 | 4754 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 375 (7.89 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2714 (57.09 %) |
Maiores de 65 anos | 1665 (35.02 %) |

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Evolución da poboación de Cospeito Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7113 | 7407 | 7921 | 7002 | 5548 | 5231 | 5088 | 5047 | 4954 | 4892 | 4827 | 4754 | 4665 | 4596 | 4484 | 4395 | 4374 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
En Cospeito publicáronse os periódicos Cantaclaro (1915), El Lucero (1915-1920), Canta Claro (1933) e Unión Agraria (1934)
Patrimonio
Existen no concello un gran número de sitios arqueolóxicos. Podemos destacar o da Medorra da Millara (tamén chamada Medorra do Marco) situado na Penalba, lugar da parroquia de San Martiño de Pino. Tamén na parroquia de Pino atópase a torre de Caldaloba (fortificación medieval) e o pazo de Caldaloba (pazo do século XVII).
As Torres de Arneiro foron tres antenas de radionavegación de 112 metros de altura na actualidade derrubadas, que foron instaladas no concello polo exército alemán durante a segunda guerra mundial co fin de facilitar o posicionamento e seguimento dos submarinos (U-Boots) e dos avións no Golfo de Biscaia.
Turismo
Na parroquia de Muimenta celébrase o 1 de maio a festa da filloa de Muimenta, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia.
Lugares de Cospeito
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cospeito vexa: Lugares de Cospeito.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cospeito.
- Torre de Caldaloba.
- Placa altimétrica na casa do concello de Cospeito.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.