Pino, Cospeito

parroquia civil do concello de Cospeito From Wikipedia, the free encyclopedia

Pino, Cospeitomap

San Martiño de Pino é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertence ao arciprestado de Trobo, delimitada polas parroquias de Oleiros e Seixas polo norte; Xoibán e Támoga polo sur; Vilapene e Cospeito polo leste, e Nete polo oeste.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Pino
Thumb
Torre de Caldaloba
ConcelloCospeito[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°12′59″N 7°37′27″O
Área15,6 km²
Poboación429 hab. (2019)
Densidade27,5 hab./km²
Entidades de poboación19[1]
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Pino tiña unha poboación 441 veciños no ano 2016 nunha extensión de 15,6 km².

A poboación encóntrase agrupada en 19 lugares: Bouza, Broz, Carracido, A Casiña, O Castro, A Costa, Desecabo, Fontesalgueira, A Fraga, Gaioso, Guldeiros, Infesta, O Mato, A Millarada, O Monte, Porto, A Quenlla, A Rabadá e O Sumeiro.

O Castelo e o Pazo de Caldaloba

Nesta parroquia atópase o Castelo de Caldaloba que consta dunha torre de 25 metros de altura, localizada no antigo couto do Mato aproveitando a situación defensiva dun antigo castro, con 4 fosos. Só se conserva a torre da homenaxe do antigo castelo, de catro plantas, de anchos muros de cachotería de xisto e de granito, planta cadrada, remate superior abovedado e varios estreitos ventanais.

Foi propiedade do Mariscal Pardo de Cela, e lugar onde a súa filla Constanza de Castro se rebelou en 1483 contra os enviados dos Reis Católicos, como vinganza á decapitación do seu pai en Mondoñedo. As revoltas Irmandiñas e o paso do tempo ocasionaron o seu actual estado ruinoso, pois queda abandonada desde o s. XV, aínda que actualmente as súas ruínas están consolidadas. Cóntase a existencia dun túnel que parte do castelo ata o pazo de Caldaloba, que se atopa preto da fortaleza.

Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino

O 21 de xaneiro de 2007 naceu a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, unha asociación sen ánimo de lucro, aconfesional e non partidista, que ten como obxectivos defender os intereses lexítimos da comunidade veciñal, tanto a nivel persoal, familiar ou parroquial, atendendo ao fomento do benestar e intereses comúns dos membros da parroquia, así como fomentar o desenvolvemento e a formación humana cultural e social, promovendo actividades artísticas, culturais, deportivas e recreativas.

Na actualidade ten máis de 100 familias asociadas tanto da propia parroquia de Pino como de persoas nacidas en Pino e residentes noutros lugares.

Notas

Lugares e parroquias

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.