Nicolás Salmerón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Nicolás Salmerón

Nicolás Salmerón Alonso, nado en Alhama de Almería o 10 de abril de 1838 e finado en Pau (Francia) o 20 de setembro de 1908, foi un político e filósofo español, que chegou a Presidente do Poder Executivo da Primeira República Española durante un mes e medio no ano 1873. Dimitiu do seu cargo por negarse a asinar unha pena de morte. Foi catedrático de Historia Universal na Universidade de Oviedo e de Metafísica na Universidade de Madrid. Estudou as teorías de Krause, que inspiraron á Institución Libre de Enseñanza.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Nicolás Salmerón
Thumb
Biografía
Nacemento10 de abril de 1838
Alhama de Almería, España
Morte20 de setembro de 1908 (70 anos)
Pau, Francia
Lugar de sepulturaCemiterio Civil de Madrid
Deputado das Cortes
29 de abril de 1907 – 20 de setembro de 1908
Circunscrición electoral: Districte electoral de Barcelona (en)
Deputado das Cortes
16 de setembro de 1905 – 30 de marzo de 1907
Circunscrición electoral: Districte electoral de Barcelona (en)
Deputado das Cortes
22 de maio de 1903 – 17 de agosto de 1905
Circunscrición electoral: Districte electoral de Barcelona (en)
Deputado das Cortes
3 de abril de 1898 – 16 de marzo de 1899
Circunscrición electoral: Q65210007
Deputado das Cortes
3 de xuño de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Madrid
Deputado das Cortes
21 de marzo de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Q65210007
Deputado das Cortes
6 de decembro de 1892 – 5 de xaneiro de 1893
Circunscrición electoral: Q65210007
Deputado das Cortes
11 de abril de 1886 – 19 de setembro de 1887 – Felipe Ducazcal y Lasheras 
Circunscrición electoral: Madrid
Presidente do Poder Executivo
18 de xullo de 1873 – 7 de setembro de 1873
 Francesc Pi i MargallEmilio Castelar 
Xefe de Estado de España
18 de xullo de 1873 – 7 de setembro de 1873
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
5 de xuño de 1873 – 8 de xaneiro de 1874
Circunscrición electoral: Badaxoz
Ministro de Graza e Xustiza
12 de febreiro de 1873 – 11 de xuño de 1873
 Eugenio Montero RíosJosé Fernando González Sánchez 
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
2 de outubro de 1872 – 22 de marzo de 1873
Circunscrición electoral: Badaxoz
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
25 de setembro de 1872 – 14 de outubro de 1872
Circunscrición electoral: Q65210007
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
28 de abril de 1872 – 27 de maio de 1872
Circunscrición electoral: Badaxoz
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
28 de abril de 1872 – 28 de xuño de 1872
Circunscrición electoral: Q42108193
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
1 de xullo de 1871 – 24 de xaneiro de 1872
 José Malcampo y Monge
Circunscrición electoral: Badaxoz
Catedrático de universidade
1867 
Datos persoais
EducaciónFacultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada)
Universidade Central
Universidade de Granada
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Ocupaciónfilósofo, político, escritor, profesor universitario
EmpregadorUniversidade de Oviedo
Universidade Central
Partido políticoSolidaritat Catalana (1906–1908)
Unión Republicana (1903–1906)
Partido Progresista (1875–1903)
Partido Republicano Democrático Federal (1868–1875)
Partido Democrático (1858–1868)
Familia
CónxuxeCatalina García
FillosRosalía Salmerón, Nicolás Salmerón y García, Catalina Salmerón, José Salmerón García, Exoristo Salmerón
PaiFrancisco Salmerón López
IrmánsFrancisco Salmerón
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Salmerón y Alonso (Nicolás), p.410)
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Obálky knih,
Pechar

Traxectoria

O seu pai foi médico, e o seu irmán máis vello, Francisco Salmerón (1822-1878) foi político e xurista. Estudou o ensino en Almería. Máis tarde viaxou a Granada onde estudou Dereito e Filosofía, sendo co-discípulo de Francisco Giner de los Ríos. En Madrid foi influenciado polas teorías de Krause a través de Julián Sanz del Río, o seu profesor. En 1858, foi profesor de Filosofía no Instituto de San Isidro de Madrid e ao ano seguinte foi nomeado profesor axudante na Facultade de Letras da Universidade Central.

O 13 de xullo de 1869 obtivo a cátedra de Metafísica na Universidade Central. En 1867 foi detido polas súas actividades revolucionarias no seo do Partido Demócrata, a carón de Francesc Pi i Margall, pasando cinco meses no cárcere.

Durante o Sexenio Democrático (1868-1874) foi un dos líderes do republicanismo, a pesar das diferenzas doutrinais que tiña de federalismo Pi i Margall. No ano 1871 foi elixido deputado por Badaxoz.

A Primeira República

Coa proclamación da República en 1873, foi nomeado Ministro de Graza e Xustiza do goberno de Estanislao Figueras. Tentou reformar o sistema xudicial e establecer unha lexislación secular.

Trala dimisión de Pi i Margall, as Cortes Constituíntes nomeárono Presidente do Poder Executivo[1] con 193 votos contra 93[2] de Pi i Margall, cargo que exerceu entre o 18 de xullo e o 7 de setembro de 1873. A situación de todo o período foi especialmente crítica, o que o levou a non poder controlar as sublevacións cantonais que xurdían en España. Os seus problemas co Exército no foron menores durante o seu período presidencial, e a súa negativa a asinar a pena capital obrigárono a dimitir. Dous días despois de abandonar o cargo foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados. Os enfrontamentos co seu sucesor, Emilio Castelar, axudaron involuntariamente ó golpe de Estado do xeneral Pavía que, xunto co de Arsenio Martínez Campos o 29 de decembro de 1874, deron fin a primeira experiencia republicana en España.

Restauración da Monarquía

Thumb
Estatua de Nicolás Salmerón en Almería

No 1874 regresa a súa cátedra de Metafísica, pero coa Restauración borbónica verase privado da praza o 17 de xullo de 1875 nun amplo proceso de depuración universitaria. Aínda que tratou de manter un despacho de avogados en Madrid, a situación obrigouno a partír cara ao exilio en París, onde xunto a Manuel Ruiz Zorrilla fundou o Partido Republicano Progresista. Non volveu a España ata 1885, trala amnistía de Práxedes Mateo Sagasta de 1881, e puido recuperar a súa cátedra. Foi de novo deputado no 1886 e despois ininterrompidamente de 1893, integrado na coalición Unión Republicana, ata 1907.

Finou en Pau, Francia o 20 de setembro de 1908, mentres estaba de vacacións. No ano 1915 trasladaron os seus restos ó monumento funerario levantado no cemiterio civil de Madrid, á dereita do mausoleo de Pi i Margall, o seu predecesor na presidencia da República. No seu epitafio aparece unha glosa realizada por Georges Clemenceau (primeiro ministro francés de 1907 a 1912), e recordase que deixou o poder por non asinar unha sentenza de morte.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.