Compromiso por Galicia

partido político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia é unha formación política galega de orientación progresista e galeguista, constituída en maio de 2012[1] por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como por outras pequenas formacións como Terra Galega,[2] PNG-PG, PG, PGD e CG.

Datos rápidos Acrónimo, Tipo ...
Compromiso por Galicia
Thumb
AcrónimoCG
Tipopartido político
Ideoloxíagaleguismo, europeísmo e Progresismo
Data de fundaciónmaio de 2012
PaísEspaña
Na rede
http://www.compromiso.gal/
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.[3]

No momento da súa fundación definíase como galeguista, progresista e socialdemócrata.[4] En 2019 desbotou a socialdemocracia da súa ideoloxía e engadiu o europeísmo.

Formacións creadoras

Outras formacións integradas no proxecto son o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista, Espazo Socialista Galego, Unidade da Esquerda Galega e o Partido Galeguista Demócrata (PGD).[8][9]

Historia

Formouse a raíz das desavinzas entre as formacións creadoras e a folla de ruta que quería Xosé Manuel Beiras no Novo Proxecto Común, que lideraba o Encontro Irmandiño.[10] O 21 de xuño de 2012 anunciouse a incorporación do colectivo Unidade da Esquerda Galega, grupo escindido do PSdeG.[11] Porén, apenas un mes máis tarde, o seu responsable, Óscar Lomba, abandonaría CxG para integrarse en Anova-Irmandade Nacionalista, a formación de Beiras.[12]

Presentouse en solitario ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, despois de fracasaren as negociacións para concorrer con Anova-Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida en coalición.[13]

O 21 de xaneiro de 2017, tralo II Congreso Nacional do partido, Juan Carlos Piñeiro substituíu a Xoán Bascuas como Secretario Xeral.[14] O 21 de setembro dese ano, durante o III Congreso Nacional, o partido mudou a súa orientación política. Desbotou a socialdemocracia e pasou a definirse nos seus estatutos como "unha forza demócrata, progresista, ecoloxista, galeguista, europeísta e transversal".[15]

Compromiso por Galicia mantén estreita relación co Partido Nacionalista Vasco,[16] co que concorreu ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e de 2019. No Congreso Nacional de 2019 anunciouse que solicitarán a súa inclusión no Partido Demócrata Europeo, do que forman parte, amais do PNV, Coalición Canaria (socio tamén das candidaturas para os comicios europeos) e o portugués Partido Democrático Republicano.[17] Compromiso por Galicia é parte do Partido Demócrata Europeo, con dous membros no seu Consello de Dirección: Juan Carlos Piñeiro e Daniel Lago.[18]

Nas eleccións galegas de 2020. CxG participou na coalición Marea Galeguista, obtendo 2.883 votos (o 0,22% do total). Nas eleccións galegas de 2024 CxG participou nunha nova coalición, desta vez con Espazo Común e outros pequenos partidos, nomeada Espazo Común Galeguista, que só obtivo 1.542 votos (o 0,1% do total) e ningún escano.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.