Partido político vasco From Wikipedia, the free encyclopedia
O Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) (en España) ou Euzko Alderdi Jeltzalea - Parti Nationaliste Basque (EAJ-PNB) (en Francia), é un partido político do País Vasco de ideoloxía nacionalista vasca.
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Euzko Alderdi Jeltzalea (EAJ) Partido Nacionalista Vasco (PNV) Parti Nationaliste Basque (PNB) | |
---|---|
Partido político do País Vasco | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Andoni Ortuzar (Presidente do EBB) |
Mocidades | Euzko Gaztedi Indarra |
Representación | |
Parlamento vasco | 27 / 75 |
Congreso dos Deputados | 5 / 350 |
Senado | 5 / 208 |
Parlamento Navarro | 2 / 50 |
Na rede | |
http://www.eaj-pnv.eus | |
Foi fundado en 1895 por Sabino Arana Goiri, influído polo seu irmán Luis Arana. É o terceiro partido político español actual máis antigo (despois do Partido Socialista Obrero Español e o Partido Carlista) e foi o primeiro partido nacionalista vasco.
Seguindo a terminoloxía do seu fundador, os seus membros chámanse jelkides ou jeltzales e as súas sedes batzokis.
"Euzko Alderdi Jeltzalea" significa "Partido Vasco de partidarios do JEL" (sendo "JEL" un acrónimo de Jaungoikoa Eta Lagizarrak (Jaungoikoa Eta Lege Zaharrak en éuscaro normativo actual), que significa en galego: Deus e Leis Vellas en referencia aos foros (ver Jeltzale e jelkide). "Euzko" mantense coa grafía antiga (a moderna é "Eusko") como respecto á tradición, xa que así a escribía Sabino Arana. Polo mesmo motivo, nos batzokis mantense escudos coa grafía "Euzkadi".
A historia do PNV está definida polo feito de manterse fiel a un modelo de partido de comunidade no que tradicionalmente ten existido unha tendencia ortodoxa fiel aos principios do fundador e outra de carácter máis posibilista. Os nomes de ditos sectores foron cambiando co tempo e teñen dado lugar a diversas escisións, sendo as máis destacábeis:
O actual presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do partido) é Iñigo Urkullu, que sucedeu en 2007 ao anterior presidente, Josu Jon Imaz. Logo da dimisión de Juan José Ibarretxe trala perda da lehendakaritza en 2009, ocupa o liderado da oposición política en Euscadi. Gobernou a comunidade autónoma do País Vasco a maior parte do tempo dende 1980, en solitario no período (1980-1986) e a través de diversos pactos dende entón. Na lexislatura 2001-2005, o jelkide Juan José Ibarretxe presidiu un goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Ezker Batua-Berdeak. Nas eleccións de 2005 presentouse en coalición con Eusko Alkartasuna, e obtivo unha maioría simple que lle permitiu seguir no goberno.
Goberna as deputacións forais de Guipúscoa e Biscaia, así como o concello de Bilbao e gran parte dos municipios da comunidade autónoma. Posúe grupos parlamentarios no Congreso e no Senado. Tamén ten unha pequena representación en Navarra —sobre todo en concellos da zona limítrofe con Guipúscoa—, no Parlamento Navarro e no Congreso dos Deputados a través das coalicións nacionalistas Nafarroa Bai e Geroa Bai, respectivamente.
Correspóndelle tamén un dos escanos obtidos pola coalición Galeusca no Parlamento Europeo.
Anualmente, o último domingo de setembro celebra o Día do Partido (chamado Alderdi Eguna).
O PNV ten unha estrutura que funciona a tres niveis: municipal, rexional ou territorial e nacional, separando a súa representación pública dos seus organismos internos. Existen 233 organizacións municipais, cun total de máis de 25 000 afiliados.
A implantación social do partido refórzase cos batzokis, as sedes sociais do PNV. O primeiro deles inaugurouse o 14 de xullo de 1894 na zona antiga de Bilbao, un ano antes da constitución formal do PNV como partido. Hoxe en día hai case 200 batzokis repartidos por todo o mundo. En febreiro de 2007 inaugurouse o seu "Batzoki Virtual" (e-batzokia) que foi a sede social número 176 do PNV.
O órgano executivo do PNV, o Euzkadi Buru Batzar (EBB), está presidido por Andoni Ortuzar. O EBB componse ademais dos presidentes dos consellos rexionais (Biscaia, Itxaso Atutxa; Guipúscoa, Joseba Egibar; Araba, José Antonio Suso; Nafarroa, Unai Hualde; Iparralde, Pako Arizmendi) e oito burukides (membros do consello) elixidos pola Asemblea Nacional de entre os propostos polas asembleas territoriais. Os consellos rexionais, compostos de entre 10 e 15 membros son o Bizkai Buru Batzar (BBB) en Bizcaya, o Gipuzko Buru Batzar (GBB) en Guipúscoa, o Araba Buru Batzar (ABB) en Álava, o Napar Buru Batzar (NBB) en Navarra e o Ipar Buru Batzar (IBB) do País Vasco francés. Ademais, existen cinco órganos executivos independentes destes en Madrid, Barcelona, Venezuela e Arxentina.
Ano | Candidato | Representantes | Porcentaxe | Diferenza | Votos | Porcentaxe | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Iñigo Urkullu | 28 parlamentarios | 37,33% | ▲ 1 | 397 664 | 37,66% | ▲ 12 888 |
2012 | Iñigo Urkullu | 27 parlamentarios | 36% | ▼ 3 | 384 766 | 34,61% | ▼ 11 791 |
2009 | Juan José Ibarretxe | 30 parlamentarios | 40% | ▲ 8 | 396 557 | 38,56% | ▼71 560 (Respecto á coalición con EA) |
2005 | Juan José Ibarretxe (Coalición con EA) |
22 parlamentarios (Contando aos de EA, 29) |
29,3% | ▼ 4 | 468 117 | 38,67% | ▼ 136 105 |
2001 | Juan José Ibarretxe (Coalición con EA) |
26 parlamentarios (Contando aos de EA, 33) |
34,7% | ▲ 5 | 604 222 | 42,7% | ▲ 145 265 (Respecto a PNV+EA) |
1998 | Juan José Ibarretxe | 21 parlamentarios | 28% | ▼ 1 | 350 322 | 28,01% | ▲ 45 976 |
1994 | José Antonio Ardanza | 22 parlamentarios | 29,3% | ▬ 0 | 304 346 | 29,84% | ▲ 14 645 |
1990 | José Antonio Ardanza | 22 parlamentarios | 29,3% | ▲ 5 | 289 701 | 28.49% | ▲ 18 493 |
1986 | José Antonio Ardanza | 17 parlamentarios | 22,7% | ▼ 15 | 271 208 | 23,71% | ▼ 179 970 |
1984 | Carlos Garaikoetxea | 32 parlamentarios | 42,7% | ▲ 7 | 451 178 | 42,01% | ▲ 102 076 |
1980 | Carlos Garaikoetxea | 25 parlamentarios | 41,7% | ▲ 25 | 349 102 | 38,1% | ▲ 349 102 |
Ano | Candidatura | Representantes | Porcentaxe | Diferenza | Votos | Porcentaxe | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | Coalición por Europa | 2 eurodeputados | 4% | ▬ 0 |
802 225 | 5,12% | ▲ 3 409 |
2004 | Galeusca - Pobos de Europa | 2 eurodeputados | 3,7% | ▬ 0 |
798 816 | 5,15% | ▲ 184 848 |
1999 | Coalición Nacionalista - Europa dos Pobos | 2 eurodeputados | 3,13% | ▬ 0 |
613 968 | 2,9% | ▲ 95 436 |
1994 | Coalición Nacionalista | 2 eurodeputados | 3,13% | ▲ 1 | 518 532 | 2,7% | ▲ 215 494 |
1989 | Coalición Nacionalista | 1 eurodeputado | 1,67% | ▲ 1 | 303 038 | 1,91% | ▲ 76 468 |
1987 | Unión Europeísta - Europar Batasuna | 0 eurodeputados | 0% | ▼ 2a | 226 570 | 1,18% | ▲ 226 570 |
Comicios | n° de votos | % de votos |
Deputados | Senadores | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1931 | 127 800 | 1,50 | 7 / 470 |
- | Xunto a Comuñón Tradicionalista. |
1933 | 183 000 | 2,14 | 11 / 472 |
- | |
1936 | 150 100 | 1,59 | 9 / 473 |
- | |
1977 | 296 193 | 1,62 | 8 / 350 |
4 / 248 |
Frente Autonómico, polo Senado. |
1979 | 296 597 | 1,65 | 7 / 350 |
8 / 264 |
|
1982 | 395 656 | 1,88 | 8 / 350 |
7 / 264 |
|
1986 | 309 610 | 1,53 | 6 / 350 |
7 / 264 |
|
1989 | 254 681 | 1,24 | 5 / 350 |
4 / 264 |
|
1993 | 291 448 | 1,24 | 5 / 350 |
3 / 264 |
|
1996 | 318 951 | 1,27 | 5 / 350 |
4 / 264 |
|
2000 | 353 953 | 1,53 | 7 / 350 |
6 / 264 |
|
2004 | 420 980 | 1,63 | 7 / 350 |
6 / 264 |
|
2008 | 306 128 | 1,19 | 6 / 350 |
2 / 264 |
|
2011 | 324 317 | 1,33 | 5 / 350 |
4 / 264 |
|
2015 | 302 316 | 1,20 | 6 / 350 |
6 / 266 |
|
2016 | 287 014 | 1,19 | 5 / 350 |
5 / 266 |
|
abril de 2019 | 394 627 | 1,51 | 6 / 350 |
9 / 208 |
|
novembro de 2019 |
Eleccións | N° Votos | % votos | Concelleiros | Notas |
---|---|---|---|---|
1979 | 354 925 | 37,75 | 1082 | |
1983 | 392 406 | 39,45 | 1257 | |
1987 | 240 293 | 22,45 | 816 | |
1991 | 297 816 | 30,15 | 984 | |
1995 | 310 659 | 28,36 | 996 | |
1999 | 397 580 | 34,69 | 1135 | En coalición con Eusko Alkartasuna (EA). |
2003 | 498 473 | 44,54 | 1602 | En coalición con Eusko Alkartasuna (EA). |
2007 | 308 877 | 31,80 | 1029 | |
2011 | 327 100 | 30,74 | 882 | |
2015 | 359 920 | 33,77 | 1017 |
Comicios | Candidatura | Candidato principal do PNV | N° Votos | % votos | Escanos | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
1979 | Nacionalistas Vascos | Manuel de Irujo | 12 845 | 5,06 | 3 / 70 |
Coalición con EE, ESEI e PTE, que só se presentou na proximidade de Pamplona e obtivo tres parlamentarios, todos do PNV. |
1983 | PNV | Iñaki Cabasés | 18 169 | 6,88 | 3 / 50 |
|
1987 | PNV | Vicente Arocena[1] | 2 661 | 0,96 | 0 / 50 |
|
1991 | PNV | José Antonio Urbiola[2] | 3 071 | 1,13 | 0 / 50 |
|
1995 | Nacionalistas de Navarra | José Antonio Urbiola[3] | 2 943 | 1,01 | 0 / 50 |
|
1999 | Coalición EA-PNV | José Antonio Urbiola[4] (número 6) |
0 / 50 |
Coalición con Eusko Alkartasuna (EA), que obtivo 3 parlamentarios. | ||
2003 | Coalición EA-PNV | José Luis Echegaray[5] (número 3) |
1 / 50 |
Coalición con un do PNV). | ||
2007 | Nafarroa Bai | José Ángel Aguirrebengoa[6] (número 8) |
1 / 50 |
Coalición con Aralar, Eusko Alkartasuna (EA), Batzarre e independentes, que obtivo doce parlamentarios (un do PNV). | ||
2011 | NaBai-2011 | Manuel Ayerdi[7] (número 4) |
1 / 50 |
Coalición con Aralar e independentes, que obtivo oito escanos (un do PNV). | ||
2015 | Geroa Bai | Manuel Ayerdi (número 2) |
4 / 50 |
Coalición con Zabaltzen, que obtivo nove escanos (catro do PNV). |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.