Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Eusko Jaurlaritzako Lehendakari (en galego: Presidente do Goberno Vasco), coñecido simplemente como lehendakari, é a máis alta representación do Goberno Vasco. A súa sede e oficina institucional é a lehendakaritza (presidencia), situada en Vitoria, xunto á súa residencia oficial, o pazo de Ajuria Enea.
En éuscaro a palabra lehendakari é sinónimo de "presidente" (significa literalmente "primeiro responsable") e pode facer referencia tamén ao presidente do Goberno de Navarra, o presidente do Parlamento de Navarra ou os presidentes de diversas institucións tanto públicas como privadas. Non obstante, fóra dos territorios euscaldúns, coñécese como lehendakari ao presidente do Goberno Vasco.
Con anterioridade ó establecemento da ortografía oficial do éuscaro nos anos 1970, a grafía empregada era Euzko Jaurlaritzaren Lehendakari. Tanto jaurlaritza como lehendakari son neoloxismos en éuscaro. Foron creados por membros do Partido Nacionalista Vasco.
Os termos xenéricos en éuscaro para "presidente" son lehendakari(a)[1] ou presidente(a).[2] En éuscaro, resérvase o neoloxismo "jaurlaritza" para o Goberno Vasco.
José Antonio Aguirre foi o primeiro lehendakari da Rexión Autónoma do País Vasco, pero Francisco Franco Bahamonde suspendeu o estatuto de autonomía de 1936, así como os concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa, por consideralas «provincias traidoras». Así a todo, si mantivo os seus similares en Álava e a Navarra que actualmente forma parte España xunto coa comunidade autónoma do País Vasco.
Tanto Aguirre como Leizaola empregaron o título de lehendakari, Ramón Rubial foi coñecido como Presidente do Consello Xeral Vasco, a partir de Garaikoetxea vense empregando a forma lehendakari tanto en éuscaro como en castelán.
Lehendakari | Inicio do mandato | Fin do mandato | Partidos no Goberno | ||
José Antonio Aguirre Lecube | 7 de outubro de 1936 (dende 1939 no exilio) |
22 de marzo de 1960 | EAJ-PNV, PSOE, PCE-EPK, IR, UR, ANV | ||
Jesús María Leizaola Sánchez | 22 de marzo de 1960 | 17 de febreiro de 1978 (como predecesor do presidente do Consello Xeral Vasco) 16 de decembro de 1979 (como lehendakari) |
EAJ-PNV, PSOE, PCE-EPK, IR, UR, ANV |
Presidente | Inicio do mandato | Fin do mandato | Partidos no Consello | ||
Ramón Rubial Cavia | 17 de febreiro de 1978 | 9 de xuño de 1979 | PSE-PSOE, EAJ-PNV, ESEI, PCE-EPK, DCV, EAE-ANV | ||
Carlos Garaikoetxea Urriza | 9 de xuño de 1979 | 9 de abril de 1980 | EAJ-PNV, PSE-PSOE, ESEI, PCE-EPK, DCV, EAE-ANV |
Lehendakari | Inicio do mandato | Fin do mandato | Lexislaturas | Partidos no Goberno | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Carlos Garaikoetxea Urriza | 9 de abril de 1980 | 2 de marzo de 1985 | I, II | 1980-1985: EAJ-PNV | ||
José Antonio Ardanza Garro | 2 de marzo de 1985 | 2 de xaneiro de 1999 | II, III, IV, V | 1985-1987: EAJ-PNV 1987-1991: EAJ-PNV, PSE 1991: EAJ-PNV, EA, EE 1991-1993: EAJ-PNV, PSE, EE 1993-1995: EAJ-PNV, PSE-EE 1995-1998: EAJ-PNV, EA, PSE-EE 1998-1999: EAJ-PNV, EA | ||
Juan José Ibarretxe Markuartu | 2 de xaneiro de 1999 | 7 de maio de 2009 | VI, VII, VIII | 1999-2001: EAJ-PNV, EA 2001-2009: EAJ-PNV, EA, EB-B | ||
Francisco Javier López Álvarez | 7 de maio de 2009 | 15 de decembro de 2012 | IX | 2009-2012: PSE-EE | ||
Iñigo Urkullu Rentería | 15 de decembro de 2012 | No cargo | X, XI | 2012-2016: EAJ-PNV Dende 2016: EAJ-PNV, PSE-EE |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.